Instalacións

A sede actual da Escola, na rúa Pelamios, foi deseñada polo arquitecto José Antonio Corrales, Premio Nacional de Arquitectura (1948, 2001), e comezou a construírse en 1983. Até entón, a sede da mesma era o Instituto da Garda (situada na praza de Pontevedra) onde compartía o espazo cos estudantes da devandita institución. A súa construción terminou en 1986 e unha vez efectuado o traslado, foi inaugurada o 14 de novembro de 1988 polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Javier Suárez Vence-Santiso e o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Aniceto Núñez García. Neses momentos a Directora da Escola era Carmen Serantes López.

A Escola atópase situada fronte á Enseada dos Pelamios, tras o Paseo Marítimo e entre as rúas dos Pelamios e a rúa Sacerdote Manuel Espiña; podendo acceder a ela desde a Rúa de Orillamar.

Conta con 5 niveis de altura, coa seguinte distribución:

  • Nivel 3

    • Sala de profesores.
    • Baño de profesores.
    • 2 despachos.
    • 1 zona de almacén.
    • Vivenda do conserxe.
    • Aseo de profesores.

  • Nivel 2

    • 3 Aulas Teóricas.
    • 2 Aulas Debuxo.
    • 2 Aulas Proxectos.
    • 2 Aulas Informática.
    • Aseos.

  • Nivel 1

    • 1 Aula Proxectos.
    • 1 Aula Debuxo.
    • 1 Aula Audiovisuais.
    • Administración (3 despachos).
    • Secretaría.
    • Conserxería.
    • Cafetería.
    • Biblioteca.
    • Aseos.

  • Nivel 0

    • Salón de Actos (capacidade: 250 persoas).
    • Taller de Fotografía.
    • Laboratorio de Fotografía.
    • Taller de Dourado.
    • Taller de Maquetas.
    • Taller de Escaiola.
    • Taller de Grabado.
    • Taller de Volume.
    • Taller de Cerámica.
    • 4 zonas de almacén.
    • Aseos.

  • Nivel -1

    • Taller de Forxa.
    • Taller de Pedra.
    • Taller de Madeira.