FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO (FCT)
Tanto as Ensinanzas Superiores de Deseño (Gráfico e Interiores) como as Ensinanzas Profesionais (Ilustración, Fotografía, Escultura e Dourado) contan no seus últimos cursos cun módulo de Formación en Centros de Traballo.
Este módulo é obrigatorio dentro de cada especialidade, e o seu obxectivo é que o alumnado complete a súa formación nunha empresa, taller, estudo, etc… Para elo, a Escola conta cun catálogo de empresas coas que ten asinado un convenio de colaboración.
Se te interesa que a túa empresa colabore coa formación do noso alumnado neste módulo, podes solicitar máis información no seguinte contacto: