Ilustración

  • Plan de estudos

    Distribución horaria das ensinanzas
    Estrutura xeral Horas totais por curso Créditos ECTS asociados
    Módulos impartidos no centro docente 1.850 114
    Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres 150 6
     Total horas de ensino: 2.000 120
    Formación no centro docente
    Módulos correspondentes ás ensinanzas impartidas no centro docente
    Módulos Ratio profesor/alumnado Horas totais por curso Créditos ECTS asociados
      1º curso 2º curso 1º curso 2º curso
    Fundamentos da representación e a expresión visual 1/30 144 8
    Teoría da imaxe 1/30 72 4
    Medios informáticos 1/15 144 8
    Representación espacial aplicada 1/30 144 8
    Técnicas gráficas tradicionais 1/15 72 4
    Debuxo aplicado á ilustración I 1/30 144 8
    Técnicas de expresión gráfica I 1/30 144 8
    Proxectos de ilustración I 1/15 144 8
    Historia da ilustración 1/30 72 4
    Fotografía 1/15 144 6
    Debuxo aplicado á ilustración II 1/30 144 6
    Técnicas de expresión gráfica II 1/30 144 6
    Produción gráfica industrial 1/15 72 6
    Proxectos de ilustración II  1/15  –  144  –  8
    Proxecto integrado  1/1  –  50  –  18
    Formación e orientación laboral 1/30 72 4
    Totais: 1.080 770 60 54
    1850 114

  • Saídas profesionais

    QUÉ SAÍDAS PROFESIONAIS TEN O TITULADO/A EN ILUSTRACIÓN?

    O técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración desenvolve a súa actividade como profesional independente realizando ilustracións de diferentes xéneros e ámbitos destinados á súa edición, colaborando con outros/as profesionais na ideación, interpretación e realización de ilustracións con diferentes técnicas e estilos artísticos.

    A persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración exerce a súa profesión nos sectores produtivos no ámbito público ou privado, en empresas relacionadas coa comunicación e a ilustración: axencias de publicidade, editoriais e estudios de deseño, prensa, televisión ou noutras empresas ou institucións que o requiran. Ademáis, é un/unha profesional cualificado/a para desenvolver, entre outros, os seguintes postos de traballo:

    • Especialista ilustrador-a/debuxante integrado/a en equipos de comunicación visual, deseño gráfico, publicidade e medios audiovisuais.
    • Realización de ilustracións e organización e supervisión da produción.
    • Creación e/ou realización de ilustracións orixinais para diferentes ámbitos: ciencia, técnica, arquitectura, interiorismo, moda, publicidade, deseño gráfico, produtos, editorial, prensa.
    • Creación e/ou realización de proxectos de libros interactivos e despregables (pops-ups) en tres dimensións.
    • Análise de propostas e realización da busca documental e gráfica para proxectos de ilustración nos seus diferentes ámbitos.
    • Realización e xestión de actividades culturais, educativas e divulgativas relacionadas coa ilustración.

  • Competencias

    CALES SON AS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TITULADO EN ILUSTRACIÓN?

    As súas competencias son, entre otras, elaborar obra orixinal de ilustración de calidade formal e funcional a partir dun proxecto propio ou dun encargo profesional determinado, así como planificar a realización do proxecto mediante a definición dos recursos expresivos, formais, funcionais, estéticos e técnicos máis axeitados.

    Ademáis, ao remate da súa formación, terá adquirido (entre outras) as seguintes competencias profesionais:

    • Identificar os aspectos artísticos, formais, funcionais e técnicos dun proxecto de ilustración.
    • Planificar e elaborar proxectos de ilustración atendendo ás especificacións narrativas e técnicas previamente determinadas.
    • Escoller, analizar e arquivar a documentación e o material gráfico de referencia para a realización do proxecto de ilustración.
    • Escoller e utilizar con destreza as técnicas ou estilos artísticos máis axeitados para dar solución gráfica aos obxectivos comunicativos.
    • Realizar o proxecto ilustrativo atendendo ás particularidades do medio gráfico en que se incorpore.
    • Elaborar os orixinais atendendo ás particularidades dos posteriores procesos de reprodución.

  • Saber mais

    • CAL É A DENOMINACIÓN DA TITULACIÓN?

      A denominación oficial do título é Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Ilustración.

    • CANTO DURA O CICLO DE ILUSTRACIÓN?

      O plan de estudos conducente á obtención do Título de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración, consta de 2 cursos académicos (de 36 semanas cada un) cun total de 2.000 horas. Trátase dun Ciclo Superior, con modalidade de ensinanza presencial e impártese en galego e castelán.

    • CANTAS PRAZAS DE NOVO INGRESO SE OFERTAN CADA CURSO?

      Cada curso poden entrar 30 prazas no ciclo formativo.

       

    • CALES SON OS OBXECTIVOS?

      O ciclo formativo de Ilustración terá como obxectivos, entre outros:

      • Realizar ilustracións co nivel de calidade técnica, comunicativa e artística exixible a nivel profesional.
      • Dominar os procesos básicos da realización fotográfica nos seus aspectos teóricos e prácticos.
      • Dominar as diferentes técnicas de expresión gráfica e escoller as máis axeitadas ás especificacións temáticas, comunicativas e artísticas do encargo.
      • Valorar, planificar e xestionar a elaboración do proxecto nas distintas fases do seu proceso para optimizar recursos.
      • Buscar, escoller e interpretar as fontes documentais e de referencia para a realización de ilustracións.
      • Desenvolver método, rigor e capacidade de comunicación para a presentación e defensa dunha idea ou un proxecto de ilustración.
      • Coñecer as especificacións técnicas do material e dos procesos de reprodución e edición de ilustracións e saber xestionalos para garantir a calidade final do produto.
    • CALES SON OS CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN?

      Para coñecer todos os requisitos sobre os criterios de acceso e admisión, datas de realización das probas de acceso e de formalización de matrícula, visita o apartado de Secretaría – Administración de Ensinanzas Artísticas Profesionais.

    • ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

      Pódese consultar o Decreto 95/2015, do 11 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración.