Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EASD Pablo Picasso, animámosvos a participar no “III Concurso de microrelatos” que premiará, un ano máis, os mellores textos de ata 200 palabras.
O prazo de presentación estará aberto desde as 00:01 horas do sábado 1 de febreiro de 2020 ata as 23:59 horas do sábado 29 de febreiro de 2020

Os premios para a categoría de adultos (18 anos en adiante) son:

Primeiro premio: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.

Segundo premio: un Kindle 6wifi negro ou modelo similar, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.

Terceiro premio: un lote de libros da Real Academia Galega, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes

Para mais información podedes consultar as bases na seguinte ligazón.
https://academia.gal/documents/10157/1373329/bases_III_concurso_microrrelatos_RAG_Puntogal.pdf