GRAO MEDIO

DURACIÓN: 2 anos académicos.

TITULACIÓN: "Técnico"

NIVEL: 2

acceso directo: a consellería de educación e ordenación universitaria establecerá unha porcentaxe das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo de grao medio, para acceso directo o mesmo para quen estivese en posesión do titulo de "técnico" ou asemade, reservará outra porcentaxe de prazas para quen teña remetado os 3 cursos comúns de artes aplicadas e ofícios artísticos no plan de estudios de 1963, ou os 2 cursos comúns do plan de estudios experimental de 1988.

(as prazas non cubertas por esta queda engadiránse as de acceso con proba e viceversa).

acceso con proba específica: para quen teña o título de "graduado" en ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente a efectos académicos (1º de B.U.P.)

acceso con proba de madurez máis proba específica: para quen cumpla algunas das seguintes condicións:

a) ter cumplidos 18 anos ou cumprilos no ano en que se realiza a proba.

b) acreditar, cando menos, un ano de experiencia laboral ou de inscripción como demandante de emprego no correspondente organismo.

c) ter superado un programa de garantía social.

d) ter esgotada a escolarización da educación secundaria obrigatoria.

e) posuílo certificado de escolaridade de formación profesional de 1º grao ou equivalente.

f) ter cursado o primeiro ciclo das ensiananzas experimentais autorizadas polas ordes do 06/11/83 e do 01703/85.

 

Inicio