LOGSE A estructura destas ensinanzas é semellante á da Formación Profesional Específica: estructúrase en familias profesionais das que hai ciclos formativos de graos medio e superior de diversas especialidades. Accédese mediante proba e obtéñense títulos de técnico ou de técnico superior. Actualmente, na Comunidade Autónoma de Galicia pódense cursar ciclos formativos de grao medio e superior de artes plásticas e deseño e estudios superiores de conservación e restauración de bens culturais. En total, existen en Galicia 120 centros de ensinanzas artísticas. Na Comunidade Autónoma de Galicia estase a cumpri-lo calendario de aplicación do novo sistema educativo na implantación das ensinanzas artísticas en xeral. En particular, os ciclos formativos de artes plásticas e deseño anticiparon xa a súa implantación, se ben se imparten aínda ensinanzas dos plans de estudios de Artes e Oficios Artísticos de 1963 e do plan experimental de 1984 - 1985, que se están extinguindo paulatinamente.

Centros nos que poden cursarse estudios de Artes Plásticas e deseño

Os ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Artes Plásticas e Deseño poden cursarse en:

  • Centros públicos: Escolas de Arte
  • Centros privados: Centros Autorizados de Artes Plásticas e Deseño

O cumprimento dos requisitos dos Centros Autorizados de Artes é idéntico ó das Escolas de Arte.

Para consultar en que centros se imparten estas ensinanzas seleccione a opción de Consultas sobre ensinanzas e centros educativos na páxina de índice elixindo despois o enlace Ensinanzas por plans de estudios. Seleccione Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño.


Ciclos formativos de grao medio

Condicións de acceso

Para inicia-los ciclos formativos de grao medio será preciso estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ou equivalente) e superar unha proba específica de acceso.

Poderá accederse tamén sen estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, sempre que ademais da proba específica o aspirante realice unha proba de madurez.

Proba específica

Realizarase nunha convocatoria anual e consistirá nunha proba única realizada en toda a Comunidade, na mesma data e hora.

A proba consistirá en:

  • Proba escrita: Desenvolvemento nun tempo máximo dunha hora dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos históricos-artísticos.
  • Realización: Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior.
  • Execución: Execución durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo.

Exencións da proba específica

Teñen acceso directo os ciclos formativos de grao medio os alumnos que posúan:

  • Título de Técnico ou Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño nunha especialidade da mesma familia profesional á que pretendan acceder.
  • Os que teñan superados os tres cursos comúns correspondentes ó plan de estudios de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos que establece o Decreto 2127/1963, do 24 de xullo (BOE do 6 de setembro).
  • Os que superasen os dous cursos comúns do plan experimental de ensinanzas artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 179/1988, do 7 de xullo).

Proba de madureza

Os alumnos que carezan das condicións académicas para a realización da proba específica poderán concorrer a esta proba de madurez.

Estes alumnos deberán ter cumpridos 18 anos.

Realizarase nunha convocatoria anual e consistirá nunha proba única realizada en toda a Comunidade, na mesma data e hora.

A proba consistirá en:

  • Sociocultural:
    1. Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá a partir dun texto escrito.
    2. Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.
  • Educación plástica e visual: Realización, durante un tempo máximo de tres horas, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

Duración

A duración dos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño cuantifícase en horas.

As ensinanzas de cada ciclo se organizan en módulos de duración variable:

  1. Módulos impartidos no centro educativo.
  2. Fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres.
  3. Obra final.

Especialidades

As especialidades (ou títulos) dos ciclos formativos de grao medio están agrupadas en familias profesionais:

  • Xoeiría de Arte:
    • Orfebrería e Pratería.
    • Moldeado e Fundición de obxectos de Orfebrería.
    • Xoeiría e Bisutería Artísticas.
    • Proced. Xoeiría Artística.
    • Grabado Artístico en Metal Engastado.
    • Damasquinado.
  • Artes Aplicadas da Escultura:
    • Valeriado e Moldeado Artístico.
    • Ebanistería Artística.
    • Dorado e Policromía Artística.
    • Artesanía en Coiro.
    • Talla Artística en Madeira.
    • Talla Artística en Pedra.
    • Forxa Artística.
    • Fundición Artística e Galvanoplastia.
    • Ornamentación Islámica.
  • Artes Aplicadas ó Libro:
    • Serigrafía Artística.
    • Gravado Calcográfico.
  • Deseño Industrial:
    • Carpintería de Ribera.
  • Deseño Gráfico:
    • Deseño en Artefinal de Deseño Gráfico.
    • Autoedición.
  • Cerámica Artística:
    • Moldes e Reproduccións Cerámicos.
    • Decoración Cerámica.
    • Alfarería.
  • Artes Aplicadas á Indumentaria:
    • Artesanía de Complementos de Coiro.
    • Artesanía de Flores Artificiais.
    • Sombrerería.
    • Abaniquería.
    • Calado Artístico.
  • Artes Aplicadas ó Muro:
    • Revestimentos Murais.



Ciclos formativos de grao superior

Condicións de acceso

Para inicia-los ciclos formativos de grao superior será preciso estar en posesión do Título de Bacharel (ou equivalente) e superar unha proba específica de acceso.

Poderá accederse tamén sen estar en posesión dos requisitos académicos, sempre que ademais da proba específica o aspirante realice unha proba de madurez.

Proba específica

Realizarase nunha convocatoria anual e consistirá nunha proba única realizada en toda a Comunidade, na mesma data e hora.

A proba consistirá en:

  • Proba escrita: Desenvolvemento nun tempo máximo dunha hora de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.
  • Realización: Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto que han de servir de base para a posterior realización.
  • Execución: Execución durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ó que alumno aspira a acceder.

Exencións da proba específica

Teñen acceso directo os ciclos formativos de grao superior os alumnos que posúan:

  • Título de Bacharel de Artes, tendo superadas determinadas materias concordantes co ciclo formativo que se desexa cursar.
  • Título de Graduado en Artes Aplicadas na especialidade do mesmo ámbito profesional.
  • Título de Técnico Superior en Artes Aplicadas e Deseño da mesma familia profesional.
  • Título de Bacharel en Artes, cursado con anterioridade ó curso 1995-96.
  • Título de Bacharel Artístico (experimental).

Proba de madureza

Os alumnos que carezan das condicións académicas para a realización da proba específica poderán concorrer a esta proba de madurez.

Estes alumnos deberán ter cumpridos 20 anos.

Realizarase nunha convocatoria anual e consistirá nunha proba única realizada en toda a Comunidade, na mesma data e hora.

A proba consistirá en:

  • Materias comúns: Versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: a) Lingua e Literatura Galegas, b) Lingua Castelá e Literatura, c) Filosofía, d) Historia, e) Linguas estranxeiras. O alumno seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre catro que lle fosen propostas, de cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para realizar este exercicio será de tres horas.
  • Materias específicas de modalidade:
    1. Versará sobre a análise das cuestións que se formulen sobre historia da arte, a partir dun texto escrito e/ou a documentación gráfica ou audiovisual que se facilite. O tempo máximo para realizar este exercicio será de unha hora.
    2. Realización, durante un tempo máximo de catro horas, dun exercicio compositivo de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo exento e inanimado.

Duración

A duración dos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño se cuantifica en horas.

As ensinanzas de cada ciclo se organizan en módulos de duración variable:

  1. Módulos impartidos no centro educativo.
  2. Fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres.
  3. Obra final.

Especialidades

As especialidades (ou títulos) dos ciclos formativos de grao superior están agrupadas en familias profesionais:

  • Xoeiría de Arte:
    • Orfebrería e Pratería Artística.
    • Bisutería Artística.
    • Xoeiría Artística.
  • Artes Aplicadas da Escultura:
    • Artes Aplicadas da Escultura.
    • Artes Aplicadas da Madeira.
    • Artes Aplicadas da Pedra.
    • Artes Aplicadas do Metal.
  • Artes Aplicadas ó Libro:
    • Gravado e Técnicas de Estampación.
    • Encuadernación Artística.
    • Edición de Arte.
  • Deseño Industrial:
    • Modelismo e Maquetismo.
    • Modelismo Industrial.
    • Moblaxe.
  • Deseño Gráfico:
    • Gráfica Publicitaria.
    • Ilustración.
    • Fotografía Artística.
  • Cerámica Artística:
    • Pavimentos e Revestimentos Cerámicos.
    • Cerámica Artística.
    • Modelismo e Matricería Cerámica.
  • Artes Aplicadas á Indumentaria:
    • Estilismo de Indumentaria.
    • Modelismo de Indumentaria.
  • Artes Aplicadas ó Muro:
    • Muro.
    • Mosaicos.
  • Deseño de Interiores:
    • Arquitectura Efémera.
    • Escaparatismo.
    • Amoblamento.
    • Elementos de Xardín.
    • Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.



Os Programas de Garantía Social

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece no seu artigo 23, puntos 2 e 3, que para o alumnado que non alcance os obxectivos da educación secundaria obrigatoria se organizarán programas específicos de garantía social, con fin de lles proporcionar unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou prosegui-los seus estudios nas distintas ensinanzas reguladas nesta lei e, especialmente, na formación profesional específica de grao medio. Asemade, establece que as administracións educativas garantirán unha oferta suficiente dos programas específicos a que se refire o apartado anterior.

Normativa básica

A normativa básica que regula estes programas en Galicia é a seguinte:

  • Orde do 5 de maio de 1997 pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de maio).
  • Resolución do 15 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se regula a convocatoria e o desenvolvemento dos Programas de Garantía Social en centros públicos para o curso 1999-2500. (DOG do 7 de maio).

Definición

  • Son programas de cáracter non regrado.
  • Teñen como finalidade esencial a recuperación do alumnado que non acadou os obxectivos do ensino obrigatorio.
  • Proporcionan unha formación básica e profesional que lle permite incorporarse á vida activa ou proseguir estudios na F.P de grao medio, a través dunha proba de acceso.

Obxectivos

  • Desenvolver e afianza-la madurez persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que lles permitan participar como persoas responsables nun traballo e na actividade social e cultural.
  • Desenvolve-las actitudes e dotalos de recursos e da orientación necesarios para a busca dun posto de traballo e /ou para o autoemprego.
  • Amplia-la súa formación co obxecto de adquirir coñecementos e capacidades propios do ensino básico.

Características

  • É unha oferta específica prevista con criterios de compensación educativa e equilibradora.
  • Están abertos á participación doutras Administracións e Institucións públicas e privadas.
  • Teñen un enfoque escolar que permite vivi-la experiencia formativa como unha oportunidade diferente.
  • Posúen unha compoñente de formación profesional que prepara os alumnos e alumnas para desempeñar un ou varios postos de traballo afíns.
  • Teñen unha estructura e unha regulación que facilitan os contactos cara o primeiro emprego.
  • Teñen un marco xeral flexible e un alto grao de flexibilidade interna, que permite modalidades distintas adaptadas ás diferentes características e expectativas do alumnado.

Destinatarios

Persoas menores de 21 anos que, polo menos, cumpran 16 anos no ano natural no que inicien o programa e se atopen nalgunha das seguintes condicións:

  • Estaren escolarizadas no segundo ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e, tendo accedido a un programa de diversificación curricular, a xuízo do equipo educativo que os atende, non estar en condicións de acada-los obxectivos da etapa por esa vía. Excepcionalmente, tamén poderá accede-lo alumnado ó que non lle fora posible cursar un programa de diversificación curricular e se atope, a xuízo do equipo educativo, en grave risco de abandono escolar.
  • Estaren desescolarizadas e non posuír titulación académica superior á do Graduado Escolar ou que, tendo acadada esa titulación, carezan do título de Formación Profesional de primeiro grao.

Constitución de grupos

Os programas de garantía social desenvolveranse en grupos cun mínimo de 10 alumnos e un máximo de 15.

En tódolos programas poderá participar alumnado con necesidades educativas especiais, non podendo incorporarse máis de 3 alumnos destas características por grupo; de ser así, o número máximo de alumnos que constituirán o grupo reducirase en igual número ó de alumnos integrados.

Non obstante, cando existan como mínimo 8 alumnos con necesidades educativas especiais, que polas súas características poida ter dificultades de integrarse nun programa de garantía social, poderá constituírse un grupo exclusivamente para este colectivo. Neste caso, deberán indicarse as características de cada un dos alumnos.

Estructura dos Programas de Garantía Social. Áreas

Con carácter xeral o programa completará as seguintes áreas ou ámbitos de actuación:

  • Área de formación profesional específica.
  • Área de formación e orientación laboral.
  • Área de formación básica.
  • Actividades complementarias.
  • Titoría.

Nestes programas está contemplada a realización dunha fase práctica nos centros de traballo relacionados co perfil profesional do programa.

Modalidades ofertadas

  • Programas de Formación Educativa e Profesional: desenvolveranse integramente nun centro educativo. no que se impartan ensinanzas de formación profesional, ensinanzas de educación secundaria, ensinanzas artísticas, en centros de educación de adultos ou en centros de educación especial.
  • Programas de Iniciación Profesional: nos que a área de formación básica se desenvolve nun centro educativo dos indicados no apartado anterior e a de formación profesional específica (formación tecnolóxico-práctica en colaboración con outras entidades da Administración local, institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro ou en empresas coas que previamente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecera convenios para o desenvolvemento de programas de garantía social.
  • Programas que se desenvolverán na súa totalidade en entidades de administración local e institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

Programas da modalidade de Formación educativa e profesional

  • 1.1 Área de formación profesional específica: entre 15 e 18 horas semanais.
  • 1.2 Área de formación e orientación laboral: entre 2 e 3 horas semanais.
  • 1.3 Área de formación básica: entre 6 e 10 horas semanais.
  • 1.4 Titoría: entre 1 e 2 horas semanais.
  • 1.5 Actividades complementarias: entre 1 e 3 horas semanais.
  • Estructura dos PGS da modalidade de Iniciación “Profesional

  • Bloque 1. Formación no centro educativo:
  • 1.1 Área de iniciación técnico-profesional: 150 horas.
    • Formación económica e laboral: 60 horas.
    • Aproximación ó mundo das profesións e ó contorno productivo: 60 horas.
    • Introducción á informática do usuario: 30 horas.
  • 1.2 Área de formación e orientación laboral: 60 horas.
  • 1.3 Área de formación básica: 60 horas.
  • 1.4 Titoría: 20 horas..
  • 1.5 Actividades complementarias: 20 horas.
  • Bloque 2. Formación tecnolóxico - práctica: A desenvolver como módulo de formación profesional ocupacional relacionado co perfil do programa.
  • Bloque 3. Formación en centros de traballo: O número de horas destinadas a este bloque serán contabilizadas dentro das horas do bloque de formación práctica.
  • Duración

    Poderá variar en función dos aspectos seguintes:

    • Modalidade.
    • Momento do desenvolvemento dos mesmos.
    • Niveis de acceso.
    • Expectativas do alumnado.

    En todo caso, desenvolveranse ó longo dun curso académico cunha duración que oscile entre as 800 e as 1000 horas.

    Certificación, acreditación e orientación

    Ó remate dun programa de garantía social autorizado, o alumnado recibirá unha certificación acreditativa del, na que se farán consta-las áreas e un resumo dos contidos que as integran, as cualificacións obtidas e o número de horas destinadas a cada unha delas.

    A certificación deberá ir acompañada dunha orientación sobre o futuro académico e profesional do alumno. Esta orientación preservará o dereito do alumno á confidencialidade e non terá carácter prescriptivo.

    A superación dun programa de garantía social permitiralles ás persoas interesadas concorrer á proba de acceso a ciclos formativos de grao medio e ás probas para a obtención do título de técnico auxiliar e ás probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria.

    Inscrición e matrícula

    Poderá realizarse nos centros que imparten os PGS, ó longo do mes de setembro.

    Para máis información:

    • En cada centro con programas autorizados.
    • Servicios de inspección de cada centro educativo/ Delegacións Provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
    • Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.
      San Lázaro 107
      15771 - Santiago de Compostela
      Tfono: 981-540540
      Fax: 981-540551/ 981-540542.

    No referente a solicitudes por parte de centros privados/ privados concertados:

    • Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa (Servicio de Centros).
      San Lázaro 107
      15771 Santiago de Compostela.

     

    Inicio