Fotografia

  • Plan de estudos

    Distribución horaria das ensinanzas
    Estrutura xeral Horas totais por curso Créditos ECTS asociados
    Módulos impartidos no centro docente 1.850 114
    Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres 150 6
     Total horas de ensino: 2.000 120
    Formación no centro docente
    Módulos correspondentes ás ensinanzas impartidas no centro docente
    Módulos Ratio profesor/alumnado Horas totais por curso Créditos ECTS asociados
      1º curso 2º curso 1º curso 2º curso
    Fundamentos da representación e a expresión visual 1/30 144 8
    Teoría da imaxe 1/30 72 4
    Historia da fotografía 1/30 72 4
    Medios informáticos 1/15 144 8
    Técnica fotográfica I 1/15 216 10
    Proxectos de fotografía I 1/15 288 18
    Linguaxe e tecnoloxía audiovisual I 1/15 144 8
    Teoría fotográfica 1/30 144 8
    Técnica fotográfica II 1/15 144 8
    Proxectos de fotografía II 1/15 216 8
    Linguaxe e tecnoloxía audiovisual II 1/15 144 8
    Proxecto integrado 1/1 50 18
    Formación e orientación laboral 1/30 72 4
    Totais: 1.080 770 60 54
    1850 114

  • Saídas profesionais

    QUE SAÍDAS PROFESIONAIS TEN O TITULADO/A EN FOTOGRAFÍA?

    O técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía desenvolve a súa actividade colaborando con outros/as profesionais, transmitindo ideas ou conceptos mediante produtos fotográficos destinados a editarse en diferentes medios e soportes, así como exercer as súas competencias como creador/a independente ou realizador/a asalariado/a nunha empresa ou equipo.

    Quen obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía pode exercer a súa profesión nos sectores produtivos no ámbito público ou privado, en empresas do sector da comunicación, axencias de publicidade, estudios de deseño, de moda, prensa, editoriais, TV, en empresas e institucións doutros sectores que así o requiran, en museos e empresas de restauración de obras de arte, arqueoloxía, laboratorios forenses, investigación policial, medicina legal, peritación, etc.

    As súas ocupacións profesionais poden ser:

    • Fotoperiodista. Cobertura gráfica da información para os diferentes medios de comunicación
    • Fotógrafo/a de reportaxe social. Documentación de actos sociais e retratos.
    • Fotografo/a publicitario/a. Traballos para axencias de publicidade, estudios de deseño gráfico e bancos de imaxes.
    • Fotógrafo/a de moda. Encargos de deseñadores/as, fabricantes, distribuidores/as e revistas de moda.
    • Fotógrafo/a de arquitectura e interiorismo. Traballos editoriais, documentación e seguimento de obra.
    • Fotógrafo/a artístico/a. Realización de obra propia para o circuíto comercial da arte.
    • Fotógrafo/a de xacementos arqueolóxicos.
    • Posprodución fotográfica dixital.
    • Técnico/a especialista en laboratorio fotográfico forense.
    • Técnico/a especialista de laboratorio fotográfico de conservación e restauración de obras de arte.
    • Técnico/a especialista en arquivo fotográfico e banco de imaxes.

  • Competencias

    CALES SON AS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TITULADO EN FOTOGRAFÍA?

    As súas competencias xerais son, entre otras, elaborar obra orixinal de fotografía a partir dun encargo profesional determinado ou dun proxecto propio, así como definir as variables formais, funcionais, estéticas e técnicas do proxecto de fotografía, planificando o seu proceso e saber realizalo.

    Ademáis, adquirirá as seguinte competencias profesionais:

    • Concretar as características temáticas, estilísticas e comunicativas dun encargo fotográfico a partir das especificacións dadas.
    • Escoller e analizar documentos e materiais de referencia do proxecto fotográfico.
    • Deseño de espazos administrativos.
    • Achegar ideas e propor diversas solucións fotográficas para os traballos asignados.
    • Dotar a imaxe fotográfica dos elementos persuasivos, informativos e/ou identificativos adecuados aos obxectivos do encargo.
    • Levar a cabo o encargo fotográfico atendendo ao posterior medio e soporte de comunicación e dotalo dos recursos gráficos comunicativos máis eficientes.
    • Dominar as diferentes técnicas e formatos fotográficos, nos seus aspectos teóricos e prácticos e levalas a cabo coa calidade exixible a nivel profesional.
    • Desenvolver o proceso fotográfico en todas as súas etapas: realización, procesamento, posprodución e presentación, realizando os controis de calidade correspondentes.
    • Xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos no ámbito do deseño de interiores.
    • Coñecer e dominar as técnicas de arquivamento, indexación e recuperación de documentos fotográficos segundo os estándares internacionais.
    • Coñecer as especificidades do material e os equipamentos profesionais así como o seu coidado e mantemento.
    • Coñecer e cumprir a normativa que regula a actividade profesional.

  • Saber mais

    • CAL É A DENOMINACIÓN DA TITULACIÓN?

      A denominación oficial do título é Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía.

    • CANTO DURA O CICLO DE FOTOGRAFÍA?

      O plan de estudos conducente á obtención do Título de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, consta de 2 cursos académicos (de 36 semanas cada un) cun total de 2.000 horas. Trátase dun Ciclo Superior, con modalidade de ensinanza presencial e impártese en galego e castelán.

    • CANTAS PRAZAS DE NOVO INGRESO SE OFERTAN CADA CURSO?

      Cada curso poden entrar 30 prazas no ciclo formativo.

       

    • CALES SON OS OBXECTIVOS?

      O ciclo formativo de Fotografía terá como obxectivos, entre outros:

      • Configurar proxectos de fotografía e definir con eficiencia e eficacia os seus obxectivos a partir da valoración idónea das especificacións funcionais, técnicas e artísticas do encargo.
      • Dominar os procesos básicos da realización fotográfica nos seus aspectos teóricos e prácticos.
      • Saber utilizar as diferentes técnicas e estilos fotográficos co nivel de calidade exixible profesionalmente nos distintos ámbitos da fotografía.
      • Resolver os problemas artísticos, funcionais e técnicos que aparezan no proceso de realización do encargo fotográfico.
      • Iniciarse na procura creativa dun estilo propio con atención á necesaria calidade técnica e artística de imaxes.
      • Adaptarse en condicións de competitividade aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
    • CALES SON OS CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN?

      Para coñecer todos os requisitos sobre os criterios de acceso e admisión, datas de realización das probas de acceso e de formalización de matrícula, visita o apartado de Secretaría – Administración de Ensinanzas Artísticas Profesionais.

    • ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

      Pódese consultar o Decreto 92/2015, do 11 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía.