FCT Empresas

Se tes unha empresa, estudo ou taller e queres colaborar coa EASD Pablo Picasso para acoller ao alumnado na fase Formación en Centros de Traballo, esta información pode interesarte:

  • O alumnado conta cun seguro de responsabilidade civil asinado pola Consellería de Educación; a empresa só ten que asinar o convenio de colaboración coa EASD.
  • Non é necesario realizar un contrato laboral, xa que é un período de formación e non se establece relación laboral entre empresa e alumnado. E por este motivo, tampouco hai abono de retribucións por parte da empresa.
  • A xornada na empresa será de 8 horas/día (máximo) ate completar un total de 250 horas, cun horario acordado previamente entre a empresa e o alumnado.

O procedemento para levar a cabo a colaboración sería:

  • Sinatura do convenio de colaboración coa EASD.
  • Selección do estudante que realizará as prácticas na empresa.
  • Realización das prácticas: a EASD facilitará a documentación necesaria para o correcto desenvolvemento das prácticas e a empresa nomeará un titor/a que fará o seguemento do alumnado dentro da empresa.
  • Informe das prácticas: ao remate do período de prácticas, a empresa debe enviar á EASD un informe (con selo e firma orixinal, non pode ser dixitalizado) cunha avaliación do período de prácticas do alumnado.

A EASD agradécelle as empresas que, cada curso, colaboran acollendo ao noso alumnado nos seus centros de traballo e aníma ás que poidan estar interesadas a que se poñan en contacto connosco para ampliar esta información e resolver calquera tipo de dúbida.