Alumnos de Ilustración, Fotografía e Deseño Gráfico da EASD Pablo Picasso, coordenados polo equipo docente, crearon traballos inspirados nos relatos que Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, publicou diariamente entre o 1 e o 17 de maio en La Voz de Galicia.

Hoxe, os traballos seleccionados expóñense baixo o título Á marxe…do tempo no vestíbulo da EASD Pablo Picasso.

En 1992 Carlos Casares empezou a publicar diariamente en La Voz de Galicia a súa columna “Á marxe”.
O éxito sorprendeu a Casares e ao propio periódico: nunca antes unha columna escrita
en galego chegara a aparecer entre as máis tenazmente lidas e preferidas polos lectores
de “La Voz”.
Gracias a “Á marxe” Casares deixa de ser tan só un escritor coñecido e respectado para
pasar a converterse nunha figura popular e querida.

Exposición sobre Carlos Casares, día das Letras Galegas