Por segundo ano, Cervezas Mahou organizou un concurso-exposición de fotografía no que participou o alumnado do CS de Fotografía da Escola. As pezas participantes estarán expostas no Edificio Labase (Praza de San Andrés 1, A Coruña) do luns 15 de xullo ao domingo 21 de xullo de 2019.

O venres, 21 de xuño de 18:30 a 21:30h haberá unha inauguración xeral do espazo, que contará con música, ocio, gastronomía e maestría cerveceira ata o 24 de agosto.

O luns 15 de xullo ás 20:00h, será a inauguración propia da Exposición cos traballos finalistas. O gañador será o que maior número de votos acade de entre todos os asistentes, así que animádevos a visitar a exposición e a votar polo voso preferido. A entrega do premio será o 22 de xullo.

Alumnado participante:
– Juliana Amazonas
– Sheila Fidalgo
– Alba Pérez
– Paula Rodríguez
– María Vérez
– Brais Zas

Dirección e Horarios:
Espacio Mahou – Edificio Labase. Praza de San Andrés, 1. 15001 A Coruña
De luns a xoves de 18:30 a 00:30h // Venres a domingo de 12:30 a 00:30h.