Escultura aplicada ao espectáculo

  • Plan de estudos

    Distribución horaria das ensinanzas
    Estrutura xeral Horas totais por curso Créditos ECTS asociados
    Módulos impartidos no centro docente 1.850 114
    Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres 150 6
    Total horas de ensino: 2.000 120
    1º, 2º e 3º TRIMESTRE
    Denominación dos módulos HORAS
    Debuxo artístico 144
    Debuxo técnico 108
    Volume 216
    Historia da escultura 108
    Aplicacións informáticas 108
    Materiais e tecnoloxía de escultura aplicada ao espectáculo 72
    Proxectos de escultura aplicada ao espectáculo I 108
    Taller de baleirado e moldeado 216
    Total 1080
    4º, 5º e 6º TRIMESTRE
    Denominación dos módulos HORAS
    Taller de acabados polícromos 96
    Taller de estruturas e montaxes 120
    Proxectos de escultura aplicada ao espectáculo II 216
    Escultura efémera 216
    Total 4º e 5º trimestre 648
    Formación e orientación laboral 72
    Proxecto integrado 50
    Total 6º trimestre 122
    Total 770

  • Saidas profesionais

    CALES SON AS SAÍDAS PROFESIONAIS DO TITULADO EN ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO?

    O titulado en Escultura aplicada ao espectáculo pode exercer a súa profesión no sector artístico relacionado cos proxectos de realización e montaxe de obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas para aplicar en calquera tipo de espectáculos (produción teatral, televisivo, cinematográfico, publicitario, turístico, de feiras e exposicións, festivo e recreativo, etc).

    • Realización de obxectos tridimensionais para escenografías de teatro e ópera, cine e televisión, parques de atraccións e temáticos, montaxe e instalacións de feiras, actividades socioculturais, parques infantís…
    • Realización de estruturas, obxectos corpóreos de uso en escena con significación artística y ornamental, escultura teatral, elementos arquitectónicos e de relevo.
    • Obxectos de atrezzo e utillaxe para cine, teatro, televisión e outros medios efémeros de expresión artística.

  • Competencias

    CALES SON AS COMPETENCIAS DO TITULADO/A EN ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO?

    Elaborar obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas, que formen parte de calquera tipo de espectáculo a partir do propio proxecto ou dun encargo profesional determinado..

    As súas capacidades profesionais son, entre outras:

    • Definir as características formais, funcionais, técnicas, materiais e estéticas dun proxecto propio ou dun encargo dado para a elaboración de elementos ou ambientacións escultóricas de uso en todo tipo de espectáculo.
    • Realizar planos, bosquexos e debuxos con técnicas de cor, así como elaborar maquetas e modelos para visualizar o resultado final das obras volumétricas.
    • Realizar os controis de calidade correspondentes a cada momento do proceso de elaboración.
    • Coñecer, seleccionar, preparar e utilizar os materiais máis axeitados ás especificacións técnicas, formais, funcionais e estéticas do proxecto.
    • Utilizar as técnicas de moldeado e baleirado aplicándoas ao campo da
      ambientación e caracterización de ambientes.
    • Realizar acabados imitando todo tipo de materiais pétreos metálicos e orgánicos mediante procedementos pictóricos e escultóricos.

  • Saber mais

    • CAL É A DENOMINACIÓN DA TITULACIÓN?

      A denominación oficial do título é Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

    • CANTO DURA O CICLO DE ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO?

      O plan de estudos conducente á obtención do Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, abrangue 2 cursos académicos cun total de 2.000 horas.
      Trátase dun Ciclo Superior, con modalidade de ensinanza presencial e impártese en galego e castelán.

    • CANTAS PRAZAS DE NOVO INGRESO SE OFERTAN CADA CURSO?

      Cada curso poden entrar 15 prazas no ciclo formativo.

    • CALES SON OS OBXECTIVOS?

      O ciclo formativo de Escultura aplicada ao espectáculo terá como obxectivo xeral, entre outros, acadar unha visión de conxunto e ordenada dos procesos de realización de obras escultóricas para uso en espectáculos, das súas diferentes fases e operacións e xerar a documentación e información artístico- técnica necesaria para levar a cabo un proxecto de produción artística; e tamén, identificar e definir os aspectos artístico- plásticos, formais,  estruturais, funcionais, materiais, técnicos, organizativos e económicos que configuran o proxecto ou encargo de elaboración de obras de ambientación escenográfica, ornamentais, decorativas ou escultóricas, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo.

    • CALES SON OS CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN?

      Para acceder ao ciclo formativo de grao superior de Escultura aplicada ao espectáculo será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título e ademáis, superar unha proba de acceso específica.
      Estarán exentos de realizala proba de acceso específica:

      • Calquera título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Escultura, ou título declarado equivalente.
      • Título de bacharel, na modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
      • Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
      • Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
      • Licenciatura en Belas Artes
      • Arquitectura
      • Enxeñería técnica en Deseño Industrial

      Será posible acceder ao ciclo formativo establecido no presente decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba de madureza, ademáis da proba específica.

    • ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

      Aínda non está publicado o Decreto, pero pódese consultar o Anteproxecto de decreto, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.