AULA VIRTUAL

Historia

Onde contamos toda a historia da escola

Historia

O ensino das artes en A Coruña iniciouse co establecemento das clases de Debuxo Lineal na «Escuela de Navegación» do Real Consulado. Logo ampliaríase coas de Debuxo de Figura, Debuxo de Adorno, Modelado e Baleirado, Aritmética e Xeometría. En 1850 conformouse a denominada «Escuela de Bellas Artes» na Casa do Consulado e que se trasladaría posteriormente ao número 23 da rúa Ancha de San Andrés. Este centro transformaríase na «Escuela Superior de Artes e Industria».

Máis tarde ocuparía o edificio Eusebio da Guarda, na actual praza de Pontevedra, xa como «Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos». Neste lugar permaneceu ata que finalmente, no ano 1988, se trasladou a un novo edificio propio, de características funcionais, no número dous da rúa Os Pelamios que segue a ocupar na actualidade.

Hoxe, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso de A Coruña é un centro de ensino público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Imparte as Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e as Ensinanzas artísticas superiores de grao de deseño na nosa cidade.


Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Os pelamios 2, 15001 A Coruña tlf 981 225 396 · fax 981 228 078 · escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es