O vindeiro martes, 13 de novembro a nosa EASD acudirá ao Encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial” organizado pola  Axencia Galega de innovación (GAIN).

O programa  recolle a participación das Escolas de Arte e Superiores de Deseño nunha mesa redonda ás 16:00h na que debatiremos sobre o papel das EASD e o seu impacto no tecido socioeconómico galego.

Este evento do Programa de Deseño para a Innovación 2020 ten como principal obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial.

Programa do Encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”