Dourado, prateado e policromía

  • Plan de estudos

    Distribución horaria das ensinanzas
    Estrutura xeral Horas totais por curso Créditos ECTS asociados
    Módulos impartidos no centro docente 1.850 114
    Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres 150 6
    Total horas de ensino: 2.000 120
    1º, 2º e 3º TRIMESTRE
    Denominación dos módulos HORAS
    Debuxo artístico 144
    Debuxo técnico 108
    Volume 216
    Historia da escultura 108
    Aplicacións informáticas 108
    Taller de dourado e prateado 216
    Materiais e tecnoloxía de dourado, prateado e policromía 72
    Proxectos de dourado, prateado e policromía I 108
    Total 1080
    4º, 5º e 6º TRIMESTRE
    Denominación dos módulos HORAS
    Proxectos de dourado, prateado e policromía II 192
    Taller de policromía 264
    Taller de técnicas de restauración de dourado, prateado e policromía 192
    Total 4º e 5º trimestre 648
    Formación e orientación laboral 72
    Proxecto integrado 50
    Total 6º trimestre 122
    Total 770

  • Saídas profesionais

    CALES SON AS SAÍDAS PROFESIONAIS DO TITULADO EN DOURADO, PRATEADO E POLICROMÍA?

    O titulado como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía pode exercer a súa profesión no sector artesán relacionado cos proxectos de realización e restauración de dourado e acabados polícromos en obras artísticas ou artesanais, entre outros, no sector das artes plásticas e noutros sectores de produción industrial. É un/unha profesional cualificado/a para desenvolver os seguintes postos de traballo e ocupacións:

    • Encargado/a de taller de dourado, prateado e policromía.
    • Dourador/a, prateador e policromador de obras artísticas.
    • Decorador/a de obras artísticas de dourado e policromía.
    • Asistencia técnica en restauración de dourado, prateado e policromía.

  • Competencias

    CALES SON AS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TITULADO EN DOURADO, PRATEADO E POLICROMÍA?

    Realizar o dourado, prateado e a policromía de obra artística, con calidade técnica e artística, a partir do proxecto propio ou dun encargo profesional determinado, así como colaborar co conservador/a- restaurador/a na identificación dos danos, na elaboración da documentación gráfica e técnica do proxecto e aplicar as técnicas e os procedementos idóneos para a restauración de dourados e policromías,

    As súas capacidades profesionais son, entre outras:

    • Definir as características formais, funcionais, técnicas, materiais e estéticas dun proxecto.
    • Realizar planos, bosquexos e debuxos con técnicas de cor, así como elaborar maquetas e modelos para visualizar o resultado final das obras.
    • Realizar as pezas e os procesos de traballo, aténdose és especificacións dos planos, deseños ou bosquexos dun proxecto.
    • Planificar e levar a cabo o proceso de dourado e policromado de carácter escultórico.
    • Coñecer, seleccionar, preparar e utilizar os materiais máis axeitados ás
      especificacións técnicas, formais, funcionais e estéticas do proxecto.
    • Elaborar as distintas posibilidades decorativas polícromas propias desta
      especialidade: policromías decorativas ornamentais, encarnaduras, coreados, estofados, pátinas de imitación e avellentamentos entre outras.

  • Saber mais

    • CAL É A DENOMINACIÓN DA TITULACIÓN?

      A denominación oficial do título é Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía.

    • CANTO DURA O CICLO DE DOURADO, PRATEADO E POLICROMÍA?

      Trátase dun Ciclo de grao superior de artes plásticas e deseño, cunha duración de 2.000 horas repartidas en 2 cursos académicos.
      O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.

    • CANTAS PRAZAS DE NOVO INGRESO SE OFERTAN CADA CURSO?

      Cada curso poden entrar 15 prazas no ciclo formativo.

       

    • CALES SON OS OBXECTIVOS?

      O ciclo formativo de Dourado, Prateado e Policromía terá como obxectivos, entre outros, analizar e planificar a produción ou restauración de obras de dourado, prateado e policromía artísticos de acordo cunha secuenciación lóxica de fases, operacións e procedemento; e tamén, Identificar os danos, realizar propostas de actuación e aplicar técnicas e procedementos apropiados para a restauración do dourado e a policromía de elementos
      escultóricos baixo a dirección do/a conservador/a- restaurador/a de bens culturais.

    • CALES SON OS CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN?

      Para acceder ao ciclo formativo de grao superior de Dourado, Prateado e Policromía será preciso será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título e ademáis, superar unha proba de acceso específica.
      Estarán exentos de realizar a proba de acceso específica:

      • Calquera título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Escultura, ou título declarado equivalente.
      • Título de bacharel, na modalidade de artes, ou de bacharelato artístico
        experimental
      • Título superior de Artes Plásticas, ou título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
      • Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas
        diferentes especialidades.
      • Licenciatura en Belas Artes.
      • Arquitectura.
      • Enxeñería técnica en Deseño Industrial.
      • Quen, estando en posesión do título de bacharel ou título declarado
        equivalente, acredite ter una experiencia laboral de polo menos un ano en tarefas directamente relacionadas coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía.

      Tamén, será posible acceder sen estar en posesión do título de graduado en educación secundaria, superando unha proba de madureza, ademáis da proba específica.

    • ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

      Aínda non está publicado o Decreto, pero pódese consultar o Anteproxecto do Decreto, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de dourado, prateado e policromía.