O alumnado das ensinanzas artísticas profesionais de Ilustración e Dourado, Prateado e Policromía expoñen unha mostra variada das súas obras na céntrica sala de exposicións da Asociación de Artistas na Rúa Rego de Auga nº 32. A Exposición inaugúrase o día 20 de xuño ás 20:00 horas. O acto contará coa presencia do presidente da Asociación de Artistas, Miguel Zelada, e o director da EASD Pablo Picasso, Manuel Soto.

É unha boa ocasión para contemplar neste espazo unha variada  mostra das capacidades desenvolvidas polo alumnado en canto aos acabados pictóricos en diferentes técnicas, dende o grafito e acuarela sobre papel, ata o verre eglomise ou óleo sobre táboa. Nestes estudos o alumnado fórmase coas técnicas tradicionais e actuais aplicables a un producto final.

En total amosaránse unhas trinta obras correspondentes a quince autores; para algúns deles será a primeira vez que verán expostas unha obra súa fora do ámbito da Escola.

O alumnado participante de Ilustración é:

  • María Touriño,
  • Antía Otero,
  • Lidia Cao e
  • Alba Barreiro.

E o alumnado de Dourado, Prateado e Policromía é:

  • Enrique Facal,
  • Sara Montero,
  • Mercedes Vilariño,
  • Celia Barja,
  • Alberto Añón,
  • Magalí Gorgojo,
  • David Muñíz,
  • Eva Quián,
  • Rosa Martínez,
  • Mari Souto e
  • Andrea Ogando.

A exposición en conxunto amosa o valor artístico e as posibilidades profesionais que teñen estes estudos.