Diálogos entre o vivo e o inerte.

A charla, impartida por Samuel Castro, céntrase nunha revisión de esculturas e instalacións que abordan o ámbito da paisaxe e a natureza a través do estudo da interación entre plantas e estruturas inertes. Estas obras dialogan coa súa contorna, por unha banda os vexetais reaccionan aos cambios do clima e as estacións, por outra banda os elementos inertes erosionanse, oxídanse e ensúcianse debido á súa penitencia á intemperie. Estes cambios guían un proceso creativo no que culmina en “Proxectar no tempo”, unha tese que estuda os procesos de colonización vexetal nas cidades galegas e a súa dimensión estética.

A investigación de Samuel Castro foi enfocada a coñecer como os vexetais se incrustan nas superficies urbanas de Galicia. A tese enfróntase á cuestión dos asentamentos vexetais como o resultado posible dun conxunto de patróns morfológicos que condicionan a biorreceptividad do obxecto.

A porosidade da superficie e as súas descontinuidades actúan como nicho ecolóxico en potencia, o tecido urbano filtra os fenómenos atmosféricos creando microclimas favorecendo a unhas ou outras especies. Por tanto se coinciden este tres patróns morfológicos; porosidad, descontinuidades superficiais (xuntas, cavidades) e contextos permeables a superficie vai ser biorreceptiva e propensa á súa colonización vexetal.

Integrar esta potencialidade vexetal para colonizar as superficies require “Proxectar no tempo”, preocuparse polo devir da superficie que se está planificando e entender o seu potencial evolutivo non como unha patoloxía se non como unha condición da contorna galega que pode rendibilizarse esteticamente.

Martes 12 de febreiro, ás 12h no Salón de Actos da Escola.

Máis info: www.samuelcastro.es