Volume

  • IDENTIFICACIÓN

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P.)
    • Curso: 1º
    • Créditos ECTS: 8
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 48
    • Horas de titoría: 8

  • DESCRICIÓN

    2.1. Descritores

    • Investigación do volume e a concepción espacial.
    • Técnicas instrumentais da estrutura, a expresión e a representación bidimensional e tridimensional.
    • Relación recíproca entre a técnica e a materia.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Capacitar ao alumnado para a comprensión da realidade tridimensional.
    • Relacionar os conceptos de espazo e volume e comprender a través da observación da contorna a relación das formas e o espazo no que se inscriben.
    • Establecer as relacións xeométricas e constructivas entre o plano e o espazo por medio do desenvolvemento no plano de corpos xeométricos tridimensionais.
    • Dominar as técnicas básicas necesarias para a materialización de conceptos tridimensionais en especial aqueles que lle sexan útiles dentro do seu campo profesional.
    • Iniciar ó alumno na comprensión da forma tridimensional.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias
    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias
    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • OBXECTIVOS

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • COMPETENCIAS

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realizar.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

    X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

    E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

    E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

  • ORGANIZACIÓN

    5.1. Contidos

    • Conceptos de espazo e volume. A percepción do espazo e a forma tridimensional.
    • Conceptos elementais de xeometría plana vinculados ao volume xeométrico.
    • O volume xeométrico. Tipoloxías. Representación no plano.
    • Do bidimensional ao tridimensional. Xeración do volume a partir da manipulación de superficies planas.
    • O volume e o tratamento do espazo. Tipoloxía das formas volumétricas. Elementos de composición no espazo.
    • A configuración volumétrica. Forma e estrutura. A forma modular.
    • Modelos. Prototipos. Maquetas.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    Volume

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • AVALIACIÓN

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.