Traballo de fin de estudos

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 18
    • Duración: Cuadrimestral (450 horas)
    • Horas de clase semanais: 4 (72 totais)
    • Horas de traballo non presencial: 360
    • Horas de titoría: 18

  • Descrición

    Descritores

    • Elaboración dun proxecto de comunicación gráfica global de xeito individual polo/a alumno/a para demostrar que está capacitado/a para desempeñar unha actividade profesional no campo do deseño gráfico.

    Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

    • Esta disciplina non ten relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado do traballo fin de estudos a realizar.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar o desenvolvemento do traballo.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    Competencias transversais

    T. 1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T. 2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T. 3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T. 4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T. 8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T. 11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, medioambiental e cara a diversidade.

    T. 13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

    T. 15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    T. 16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

    T. 17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

    Competencias xerais

    X. 1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X. 2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X. 4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

    X. 5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

    X. 16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

    X. 17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

    X. 20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    X. 21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

    E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

    E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

    E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

    E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Organización

    Contidos

    • O alumnado deberá propor e defender ante o tribunal a proposta de TFE que pretende desenvolver. O contido estará relacionado co curriculo académico e o itinerario formativo seguido polo alumno. Trátase dun traballo de caracter profesional relacionado cos distintos ámbitos de exercicio para os que capacita o título.
    • O alumnado do TFE contará coa titoría dun docente da especialidade que o asesorará durante o desenvolvemento do traballo. A función dos titores consistirá en realizar un seguimento do traballo do alumno, guiando a elaboración, presentación e defensa do TFE, e emitir un informe ao tribunal sobre a evolución dos seus titorados.

    Organización

    • Elaboración dun proxecto de comunicación gráfica global de xeito individual polo/a alumno/a para demostrar que está capacitado/a para desempeñar unha actividade profesional no campo do deseño gráfico.

  • Avaliación

    Criterios de avaliación

    Na avaliación do TFE considerarase o informe emitido polo titor, a memoria descritiva e xustificativa do traballo e a defensa oral do mesmo realizada polo alumnado. Os criterios polos que se procederá á avaliación agrúpanse nos seguintes bloques:

    • Bloque 1: investigación, análise e estratexia
    • Bloque 2: ideación, avaliación de alternativas e desenvolvemento de solucións
    • Bloque 3: estudo de viabilidade técnica e económica