Tecnoloxía dixital aplicada I

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Práctica
    • Curso: 2º
    • Créditos ECTS: 12
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 4 
    • Horas de traballo non presencial: 144
    • Horas de titoría: 12

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • A imaxe dixital e vectorial. Edición e publicación electrónica.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    Esta é unha disciplina de contidos progresivos. É chave para poder cursar Tecnoloxía Dixital Aplicada II, no terceiro curso de estas ensinanzas.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    Corresponde a esta disciplina o estudo aplicado das ferramentas informáticas específicas do deseño gráfico. Este segundo curso está enfocado a manexar as ferramentas informáticas adecuadas aos ámbitos da imaxe dixital e vectorial, así como á edición e publicación electrónica.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1.     Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.3.     Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4.   Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    4.2. Competencias xerais

    X.1.     Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.2.     Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.10.   Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    X.18.   Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.20.   Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

    E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

    E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

    E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • A imaxe dixital e a imaxe vectorial. Aplicacións de software específico.
    • Sistema de maquetación e autoedición. Aplicacións de software específico.
    • Edición e publicación electrónica.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    tecnoloxia-digital-aplicada-1-grafico

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.