Tecnoloxía dixital aplicada II

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 3º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Tecnoloxía dixital: redes de comunicación.
    • Comunicación multimedia. Usabilidade e accesibilidade.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Para cursar esta disciplina é preciso ter superada “Tecnoloxía dixital I” de segundo curso.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Nesta disciplina o alumnado aprenderá a analizar, avaliar, planificar e desenvolver técnicamente proxectos de deseño multimedia de calidade co fin de manexar en profundidade as aplicacións informáticas máis habituais dentro do sector do deseño web, así como dominar a linguaxe propia do medio.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    4.2. Competencias xerais

    X.2.  Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

    E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

    E.G.10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.

    E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

    E.G.12.  Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Redes de comunicación: historia e evolución de internet e os seus protocolos.
    • HTML: características da linguaxe , tipos de etiquetas e o seu funcionamento.
    • CSS: características das reglas de estilo, tipoloxía e o seu funcionamento.
    • Software de deseño e desenvolvemento de sitios web: entorno, ferramentas e creación de páxinas web.
    • Proceso de desenvolvemento de proxectos web: organización de ideas, proceso de deseño e usabilidade web.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    Tecnoloxia dixital aplicada II

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.