Técnicas de expresión gráfica

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 2º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Técnicas secas.
    • Técnicas húmidas.
    • Técnicas graxas e mixtas.
    • Estratexias contemporáneas

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Desenvolver e ampliar coñecementos acerca do uso, natureza, orixes e aplicacións das técnicas gráficas e plásticas, así como a capacidade creativa do alumno.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

    T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

    4.2. Competencias xerais

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Coñecer e aplicar correctamente as técnicas e os procedementos propios da representación gráfica.

    E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

    E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

    E.G.4. Valorar criticamente a utilización da distintas técnicas e proceder dun xeito apropiado e ordenado no traballo.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Técnicas secas
    • Técnicas húmidas
    • Técnicas graxas e mixtas
    • Estratexias contemporáneas

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    tecnicas-de-expresion-grafica

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.