Proxectos de deseño gráfico II

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 3º
    • Créditos ECTS: 16
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 6
    • Horas de traballo non presencial: 168
    • Horas de titoría: 16

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • O deseño gráfico audiovisual. Preprodución, produción e posprodución de proxectos de imaxe en movemento.
    • O deseño interactivo. Sistemas de interacción. Xestión de contidos.
    • Representación gráfica da información. Usabilidade e accesibilidade.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Ésta é unha disciplina de contido progresivo, e é continuación de “Proxectos de deseño gráfico I” de 2º curso, polo que o alumnado que non supere “Proxectos de deseño gráfico I” non poderá ser avaliado de “Proxectos de deseño gráfico II”. Ademáis, a disciplina ten continuidade con “Proxecto interdisciplinar” de 4º curso, polo que o alumnado que non supere “Proxectos de deseño gráfico II” non poderá ser avaliado de “Proxecto interdisciplinar”.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Conquerir a capacidade de investigación e documentación propia da linguaxe multimedia, tanto para deseño de contidos interactivos como audiovisuais.
    • Utilizar axeitadamente os recursos formais e estéticos dos elementos textuais e gráficos na xeración de mensaxes multimedia, aplicándoa aos diversos ámbitos nos que se desenvolve a súa actividade: proxectos online, off line e publicidade.
    • Concebir, planificar e desenvolver proxectos de deseño multimedia de acordo a requisitos e condicionamentos técnicas, funcionais, estéticos e comunicativos. Expor e razoar ideas e argumentos na defensa do traballo realizado.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.2.  Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.3.  Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

    X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

    E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

    E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

    E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

    E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

    E.G.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

    E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

    E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • O deseño gráfico audiovisual. Preprodución, produción e posprodución de proxectos de imaxe en movemento.
    • O deseño interactivo. Sistemas de interacción. Xestión de contidos.
    • Representación gráfica da información. Usabilidade e accesibilidade.
    • Desenvolvemento de proxectos.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    proxectos-deseno-grafico-II

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.