Produción Gráfica

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Sistemas de impresión industrial.
Soportes para a impresión. Preimpresión e tratamento de imaxes.
Reprodución e impresión. Impresión dixital.
Técnicas de gravado.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

A disciplina aporta ao alumnado coñecementos teóricos e prácticos das técnicas, conceptos, terminoloxía, métodos e procesos da produción gráfica. A finalidade é que poida preparar a arte final dun proxecto de deseño gráfico para a súa publicación en medios impresos, coñecendo os seus límites técnicos e as súas posibilidades creativas. Trátase de que saiba utilizar diferentes tipos de soportes, materiais, técnicas e recursos expresivos axeitados ao medio e ao receptor final.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

Competencias xerais

X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

Competencias específicas da titulación

E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

Contidos

  • Proceso de produción gráfica.
  • Preimpresión: características e entorno, tratamento de textos e imaxes, cor e probas de control e forma impresora.
  • Soportes de impresión e tintas.
  • Sistemas e técnicas de impresión tradicional (gravado) e industrial. A impresión dixital.
  • Postimpresión: acabados e manipulados.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.