Organización e lexislación

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 3º
    • Créditos ECTS: 4
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 24
    • Horas de titoría: 4

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Propiedade intelectual e industrial.
    • Organización e economía de empresa.
    • Técnicas de análise de mercado.
    • Fundamentos da economía de produción.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Adquirir o coñecemento básico que lle permita analizar os mecanismos de funcionamento dunha empresa, as súas tipoloxías e personalidades xurídicas así como a súa organización económica e comercial dentro do sector do deseño gráfico. Inclúense aspectos de caracter legal máis habituais neste sector, como a propiedade intelectual e industrial, así como un módulo de procura de emprego no sector.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.7.  Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.

    E.G.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

    E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Introducción ao dereito: o sistema xurídico e aplicación do dereito.
    • Organización e economía de empresa: elementos, obxectivos, organigramas, competencia, xestión administrativa e comercial.
    • Modelos de contratación: tipos de contrato, o curriculo vitae, entrevistas de traballo e procura de emprego.
    • Lexislación: Propiedade intelectual e industrial (a obra, os dereitos morais e patrimoniais do autor, signos distintivos e protección dos dereitos do autor), lexislación publicitaria (publicidade ilícita e asociación de autocontrol) e lei de protección de datos de caracter persoal.
    • Fundamentos de economía de producción: o equilibrio de mercado e o sistema financiero.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    organizacion-lexislacion

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.