Historia do deseño gráfico

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórica (T.)
    • Curso: 2º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2 
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Coñecemento, análise e significado do deseño gráfico. Deseñadores/as e tendencias.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    Na disciplina trátase a evolución das manifestacións do deseño gráfico desde a sua orixe ate a actualidade. Preténdese que o alumnado adquira, a través do coñecemento e reflexión sobre o contexto histórico, social e cultural no que se desenvolve o deseño, unha formación crítica sobre estilos e movementos, tendencias e deseñadores.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

    T.17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

    4.2. Competencias xerais

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

    X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

    X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.

    X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

    X.14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Época preindustrial.
    • O século XIX: a influencia da Revolución Industrial.
    • O deseño gráfico a comezos do século XX.
    • O deseño gráfico ao servizo da propaganda política.
    • O nacemento do deseño moderno: Bauhaus, Nova Tipografía e a súa influencia posterior.
    • O deseño gráfico en Europa e EE.UU. na segunda metade do século XX.
    • Outras tendencias e nacionalidades no Deseño Gráfico.
    • Deseño gráfico na Postmodernidade.
    • Deseño gráfico contemporáneo.
    • Deseño gráfico en España.
    • Deseño gráfico en Galicia.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    historia do deseno grafico

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.