Historia das artes e o deseño

  • IDENTIFICACIÓN

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórica
    • Curso: 1º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 3
    • Horas de traballo non presencial: 36
    • Horas de titoría: 6

  • DESCRICIÓN

    2.1. Descritores

    • Historia e teoría das artes, a arquitectura e o deseño.
    • Coñecemento, análise e significado histórico do deseño.
    • Deseñadores/as e tendencias contemporáneos.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Coñecer a historia da arte e o deseño e a súa vinculación coas manifestacións da actualidade.
    • Adquirir, a través do coñecemento e reflexión sobre o contexto histórico, social e cultural no que se desenvolven as artes e o deseño, unha formación crítica sobre estilos e movementos, tendencias e deseñadores.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias
    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias
    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • OBXECTIVOS

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • COMPETENCIAS

    4.1. Competencias transversais

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

    T.17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

    4.2. Competencias xerais

    X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

    X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.

    X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

    X.14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

    X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.

    E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • ORGANIZACIÓN

    5.1. Contidos

    • Orixes do deseño: arte e deseño na revolución industrial. O século XIX en Europa.
    • Movementos artísticos e tendencias ata a Gran Guerra.
    • Movementos, tendencias e referentes no periodo de entreguerras: artes plásticas, artes visuais e deseño.
    • Modernidade e posmodernidade. Comunicación e cultura de masas.
    • As referencias na arte e no deseño na actualidade.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    Historia das artes e o deseno

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • AVALIACIÓN

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.