Gráfica aplicada aos espazos

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2 (72 totais)
  • Horas de traballo non presencial: 72 horas
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Fundamentos da sinalética.
Sistemas de comunicación visual en espazos interiores e exteriores.
Deseño de signos gráficos e pictogramas.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Comprender os fundamentos da sinalética e capacitar ao alumno para a elaboración de sistemas de comunicación e sinalización visual aplicados a distintos espazos e soportes.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e a sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e
condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

X.14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdad4e e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as
profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sustentables.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas
comunicativos complexos.

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

E.G.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica

E.G.7. Determinar e, de ser o caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.

E.G.8. Coñecer as canles que sirven de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.9. Analizar o comportamento dos/as receptores/as do proceso comunicacional en función dos obxectivos do proxecto.

E.G.10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.

E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

E.G.12. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e a saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

E.G.15. Reflexionar sobre a influencia positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

Contidos

  • Fundamentos da sinalética.
  • Sistemas de comunicación visual en espazos interiores e exteriores.
  • Deseño de signos gráficos e pictogramas.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.