Edición avanzada web

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 7
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 6
    • Horas de traballo non presencial: 60
    • Horas de titoría: 7

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Usabilidade e accesibilidade
    • Tecnoloxía dixital: redes e comunicación
    • Métodos de posicionamento en motores de búsqueda
    • Métodos de experimentación e investigación propios da materia

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Adquirir o coñecemento teórico-práctico da conceptualización e deseño gráfico de páxinas web para o adecuado desenvolvemento de sitios web adaptativos a distintos dispositivos e amigables para os motores de búsqueda.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

    T.8. Desenvolver razoada e críticamente ideas e argumentos.

    4.2. Competencias xerais

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber plantexar estratexias de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

    E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

    E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

    E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Usabilidade e experiencia de usuario: principios básicos do DCU (Deseño Centrado no Usuario).
    • Deseño web adaptativo.
      Ferramentas SEM: marketing de búscadores
    • Ferramentas SEO: optimización das páxinas web
    • Deseño de APP: guión, diagramas de fluxo e deseño de interfaces

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    Edicion avanzada web

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.