Deseño de estampación

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Antecedentes históricos.
    • Organización e mantemento do taller.
    • Soportes de estampación.
    • Técnicas e métodos de estampado.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Obtener os coñecementos teórico-prácticos para desenvolver as posibilidades expresivas que brinda a estampaxe.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concebir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

    E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

    E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

    E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

    E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Introducción: Antecedentes históricos.
    • Organización e mantemento do taller.
    • Soportes de estampación.
    • Técnicas e métodos de estampado.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    deseno de estampacion

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.