Traballo de fin de estudos

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 18
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de traballo non presencial: 378
    • Horas de titoría: 72

  • Descrición

    Descritores

    • Elaboración dun proxecto de deseño de interiores, realizado individualmente polo/a alumno/a para demostrar que está capacitado para desempeñar unha actividade profesional no campo do deseño de interiores.

    Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

    • Esta disciplina ten contidos progresivos coas de Proxectos de deseño de interiores I (2º curso), Proxectos de deseño de interiores II (3º curso) e Proxectos de deseño de interiores III (4º curso).

    Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado do traballo fin de estudos a realizar.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar o desenvolvemento do traballo.

    Avaliación

    Á vista da documentación do traballo presentada, da exposición e defensa realizada polo alumnado, tendo en conta os preceptivos informes dos titores, e sempre segundo os criterios de avaliación establecidos, o tribunal outorgará unha cualificación global e única.

    O alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.

  • Obxectivos

    • A realización do TFE contempla dúas vertentes: una analítica co obxecto aplicar, coordinar e integrar os coñecementos adquiridos ao longo dos estudos, e outra práctica ou profesional na de ser quen de resolver un conxunto de problemas interrelacionados e complexos, que acheguen ao alumnado a situación propias de seu posterior labor profesional no ámbito competencial do deseño de interiores.
    • O TFE require carácter práctico e rigor profesional.

  • Competencias

    Competencias transversais

    T. 1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T. 2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T. 3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T. 4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T. 8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T. 11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, medioambiental e cara a diversidade.

    T. 13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

    T. 15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    T. 16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

    T. 17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

    Competencias xerais

    X. 1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X. 2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X. 4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

    X. 5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

    X. 16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

    X. 17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

    X. 20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    X. 21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    Competencias específicas da titulación

    E.I. 1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.

    E.I. 2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo das producións.

    E.I. 4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I. 5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.

    E.I. 6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

    E.I. 14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

  • Organización

    Contidos

    • O Traballo Fin de Estudos (TFE) consistirá no desenvolvemento completo dun proxecto, orixinal e inédito, dentro das competencias profesionais dun deseñador de interiores, nas condicións máis semellantes posibles ás do ámbito laboral, económico e produtivo real.
    • A documentación desenvolvida será a necesaria para a correcta e completa definición dun proxecto de deseño de interiores. Realizarase un resumo da memoria (abstract/résume) en idioma estranxeiro (inglés/francés).
    • O alumnado do TFE contará coa titoría dun docente da especialidade que o asesorará durante o desenvolvemento do traballo. A función dos titores consistirá en realizar un seguimento do traballo do alumno, guiando a elaboración, presentación e defensa do TFE, e emitir un informe ao tribunal sobre a evolución dos seus tutelados.

    Organización

    • Para a organización, avaliación e cualificación do TFE, constituirase un tribunal formado por un presidente e tres vogais, integrado por docentes da especialidade.
      Este tribunal establecerá as partes que integrarán o TFE, a documentación que debe elaborar, redactar ou realizar e entregar o alumnado, e o calendario preciso para o desenvolvemento do TFE.

  • Avaliación

    Criterios de avaliación

    • Amosar capacidade para sincretizar os contidos recibidos nos estudos.
    • Evidenciar capacidade de investigación e utilizar correctamente a información recollida.
    • Saber resolver axeitadamente os aspectos funcionais, formais, técnicos, normativos, culturais e artísticos.
    • Ter capacidade para aportar solucións innovadoras.
    • Aplicar criterios de racionalidade, viabilidade e sustentabilidade.
    • Utilizar de forma axeitada os métodos de representación e presentación.
    • Realizar unha presentación completa dos traballos.
    • Utilizar os recursos axeitados para a comunicación do proxecto.
    • Acreditar dominio da linguaxe técnica nun idioma extranxeiro (inglés/francés).

http://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/04_GD_TFE_2017_18_GAL.pdf