Sistemas de representación

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: TP (Teórico Práctica)
    • Curso: 1º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Xeometría plana e descritiva.
    • Coñecemento e análise dos distintos sistemas de representación.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Utilizar os elementos do do debuxo técnico como medio de reflexión e comunicación.
    • Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa a representación gráfica técnica.
    • Adquirir aptitude para racionalizar as ideas espaciais e capacidade para xerar, interpretar e transmitir descricións gráficas a un público tanto especializado como non especializado.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.4.Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I.6. E.G.6 Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

    E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

    E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Trazados xeométricos fundamentais
    • Proporcionalidade, semellanza, escalas.
    • Sistemas de representación diédrico, axonométrico e cónico.
    • Normas referentes no deseño técnico.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    sistemas-representacion-interiores

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.