Rehabilitación

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Rehabilitación fisica, construtiva e ambiental
    • Patoloxía na construción das edificacións tradicionais
    • A práctica rehabilitadora. Sistemas tradicioanais e actuais
    • Rehabilitación e sustentabilidade
    • Aplicar os coñecementos de ergonomía e tecnoloxía na elaboración dun proxecto de moble.
    • Innovación. Métodos de investigación propios da materia

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Aportar unha visión xeral en relación co estado da edificación existente, os seus valores e aportacións, o seu comportamento patolóxico e os procesos de intervención na mesma, con especial incidencia na aportación que a tecnoloxía actual oferta á práctica rehabilitadora.
    • Tomar conciencia dos factores que inflúen de xeito determinante rehabilitación do patrimonio, facendo especial énfase na sustentabilidade, o medio, a economia, a seguridade, o mantemento e a normativa.
    • Resolución dunha intervención concreta de rehabilitacion: funcional, construtiva e ambiental.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.2 Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente
    T.3 Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
    T.4 Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
    T.7 Utilizar as habilidade comunicativas ea crítica construtiva no traballo en equipo
    T.8 Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
    T.14 Dominar a metodoloxía de investigación e na xeración de proxectos, ideas e solucións viabeis
    T.15 Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
    T.16 Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e
    medioambiental
    T.17 Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia dopatrimonio cultural, a súa incidencia nosdiferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos

    4.2. Competencias xerais

    X.1 Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos

    X.6 Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño

    X.10 Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial

    X.12 Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño

    X.16 Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles

    X.18 Optimizar a utilización dos recursoso necesarios para alcanzar os obxectivos previstos

    X.19 Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación

    X. 22 Analizar, avaliar, e verificar a viabilidade productiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas

    X.23 Estimular o interese pola protección, a promoción e o crecemento do legado patrimonial,así como o fomento da cohesión cultural das sociedades en que dito legado se insire

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e utilizacióidónea dos espacios de interiores

    E.I.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa ámaterialización dos proxectos

    E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto

    E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector

    E.I.16. Coñecer e contextualizar a importancia cultural, cultural e social da Rehabilitación do Patrimonio edificado

    E.I.17. Entender o impacto da construción e da rehabilitación en particular no impacto mediambiental e a sustentabilidade

    E.I.18. Adquirir criterios autónomo s na actuación sobre a edificación patrimonial, en base as distintas teorías sobre a actividad restauradora

    E.I.19. Aportar unha visión xeral en relación co estado da edificación existente, o seu comportamento patolóxico e os procesos de intervención na mesma, con especial
    incidencia na aportación que a tecnoloxía actual ofertan á práctica rehabilitadora

    E.I.20. Coñecer a lexislación e a normativa especifíca aplicadas na rehabilitación

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Conceptos sobre Rehabilitación e Restauración. Rehabilitación e sustentabilidade
    • A referencia histórica, e normativa de protección do patrimonio construido
    • O proxecto de rehabilitación: singularidade e procedementos. Seguridade
    • As referencias construidas: arquitectura tradicional rural e urbana en Galicia
    • Patoloxías e reparación: mamposterías, estruturas leñosas, estruturas de formigón
    • Rehabilitación ambiental: Aforro enerxético, control acústico, especificidade da normativa técnica de aplicación (CTE)

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    4% das horas adicadas a titoría, 48% horas presenciais, e o restante 48% non presenciais

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.