Proxectos de deseño de interiores III

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 10
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 168
    • Horas de titoría: 10

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Adoptar os coñecementos metodolóxicos básicos do proceso de deseño
    • Coñecer e aplicar as técnicas básicas de creatividade
    • Materializar as ideas de proxecto con solucións alternativas
    • Interpretar, executar e defender os proxectos

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina ten contidos progresivos coas de Proxectos de deseño de interiores I (2º curso) e Proxectos de deseño de interiores II (3º curso).

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Elaborar un proxecto de interiorismo, no eido da restauración, sobre un espazo real, resolvendo as esixencias normativas, técnicas e funcionais específicas, reflexionando sobre os gustos, hábitos e comportamentos da sociedade actual.
    • Tomar conciencia dos factores que inflúen de xeito determinante rehabilitación do patrimonio, facendo especial énfase na sustentabilidade, o medio, a economia, a seguridade, o mantemento e a normativa.
    • Resolución dunha intervención concreta de rehabilitacion: funcional, construtiva e ambiental.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

    T.11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación e na xeración de proxectos, ideas e solucións viabeis

    T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional

    T.16. Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e medioambiental

    T.17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia dopatrimonio cultural, a súa incidencia nosdiferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais

    X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo

    X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación

    X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño

    X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores

    E.I.2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo das producións

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos

    E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto

    E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica

    E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector

    E.I.10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores

    E.I.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súacapacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Investigación e proxectos. Realización de proxectos nos distintos campos da especialidade. Estudo analítico dos usos, os servizos e os produtos
    • Aplicación das estratexias e os criterios de decisión, innovación, sostibilidade e calidade
    • Aplicación das técnicas de representación e presentación para a completa definición e comunicación do deseño, tanto de cara a súa comprensión como á súa aceptación
    • Elaboración de proxectos interdisciplinares integrados
    • Normativas nos proxectos de deseño de interiores. Viabilidade do proxecto. Argumentación crítica do proxecto
    • Métodos propios de investigación e experimentación do proxecto
    • Métodos de investigación no deseño. O proceso proxectual como investigación

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    proxectos-deseno-interiores-III

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.