Proxectos de deseño de interiores I

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica 
    • Curso: 2º
    • Créditos ECTS: 16
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 6
    • Horas de traballo non presencial: 168
    • Horas de titoría: 16

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Proxecto e investigación. Proxecto e comunicación: técnicas de representación.
    • Estudo analítico dos usos, produtos e servizos.
    • Vivenda e deseño de espazos interiores para o hábitat: condicionantes funcionais, espaciais, técnicos, estéticos, económicos e comunicativos.
    • Criterios de innovación e sustentabilidade.
    • Métodos de investigación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina ten contidos progresivos coas de Proxectos de deseño de interiores II de 3º curso e con Proxectos de deseño de interiores III de 4º curso.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Reflexionar acerca da natureza e proceso creativo da Arquitectura.
    • Indagar acerca dos contidos xenéricos do concepto habitar como actividade arquitectónica que procura a construción física de mundo privado do suxeito.
    • Entender o hábitat como feito arquitectónico e patrimonial.
    • Anteproxectos residenciais sinxelos.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

    X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea dos espazos interiores.

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e a execución do proxecto.

    E.I.16. Desenvolver a capacidade de analizar o espazo e os factores que o modifican a través de casos prácticos.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Aspectos esenciais da arquitectura: Forma e función, significación, impacto, circulacións.
    • O proceso metodoloxico da proxectación. A comunicación do proxecto.
    • A vivenda: actividades esenciais do habitat, condicionantes espaciais, ergonómicos, culturais, normativos e técnicos.
    • Vivenda e rehabilitación: Criterios. Dimensión cultural e sustentable da rehabilitación.
    • Vivenda e innovación: retos e paradigmas na vivenda do futuro.
    • Vivenda e outros usos compatibles.
    • Deseño específico de espazos e elementos da vivenda.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    proxectos-deseno-interiores-I

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.