Prácticas externas

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Práctica (P.)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 12
    • Duración: Cuadrimestral

  • Descrición

    • Aplicación e complementación das competencias profesionais adquiridas no centro educativo.

  • Competencias

    Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e da comunicación.

    T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

    T.10. Liderar e xestionar grupos de traballo.

    Competencias xerais

    X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

    X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

    X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

    Competencias específicas da titulación

    E.G.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores.

    E.G.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Avaliación

    • Ao remate das prácticas externas o alumnado deberá presentar unha memoria das funcións desenvolvidas no centro de traballo. E do mesmo xeito, a empresa emitirá un informe valorando o desempeño do alumnado do tempo que pasou nas prácticas.

  • Saber mais

    • Para coñecer toda a normativa que regula as prácticas en empresas e descargar os formularios para solicitalas, visitade o apartado de Empresas / FCT Alumnado da nosa páxina web.