Medicións

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 7
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 60
    • Horas de titoría: 7

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Medicións dun proxecto de obra.
    • Orzamento dun proxecto de obra, execución material e contrata. Certificacións.
    • Control económico dunha obra.
    • Control de tempos e actividades dunha obra. Pert e Gant.
    • Software comercial para medicións e control de obra.
    • Bases comerciais de datos. Prezos e materiais.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Capacitar ao alumnado para a realización de tarefas relacionadas co control económico dunha obra de deseño de interior: Medicións, orzamento, certificacións, temporalización.
    • Describir correctamente as especificacións das unidades de obra e aplicar os criterios de medición apropiados.
    • Coñecer e aplicar métos rápidos de obtención de costes de edificación.
    • Coñecer a normativa que define o contido dos distintos documentos do proxecto, entender as rela-ción entre eles e o seu diferente carácter contractual.
    • Utilizar os programas informáticos de axuda para á realización de mediciones, orzamentos, planificación e control de obra.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

    T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

    T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    4.2. Competencias xerais

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

    X.7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

    X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural no que ten lugar o deseño.

    X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

    X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores.

    E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

    E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.

    E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

    E.I.10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores.

    E.I.12. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de interiores.

    E.I.13. Coñecer o marco económico e organizativo no que se desenvolve a actividade empresarial do interiorismo.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Medicións: Unidades de obra. Criterios de medicións
    • Orzamento. Tipos. Descomposición de prezos.
    • Control económico e planificación da obra.
    • Utilización de programas informáticos de axuda.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    medicions

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.