Materiais

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 2º
    • Créditos ECTS: 12
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 3
    • Horas de traballo non presencial: 92
    • Horas de titoría: 8

  • Descrición

    2.1. Descritores

    Estudo sistemático dos materiais utilizados na construción de edificios.

      • Clasificación dos materiais. Ensaios. Características físicas e químicas.
      • Características extrínsecas dos materiais. Durabilidade, ciclo de vida.
      • Sustentabilidade. Reciclaxe.
      • Calidade dos materias:CTE, Normas, marcado CE.
      • Prop. mecánicas. Elasticidade. Estudo de tracción e compresión. Estudo da flexión, a torsión e acizalladura. Predimensionado.

    Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Adquirir o coñecemento teórico e práctico das propiedades físicas, químicas,mecánicas e tecnolóxicas orientado a correcta utilización dos MATERIAIS de CONSTRUCIÓN, máis utilizados no Deseño de Interiores. Así como a súas formas comerciais.
    • A disciplina de MATERIAIS introduce ao alumno no mundo das estruturas coas que se vai atopar na meirande parte de espazos nos que vai traballar, ten polo tanto que aprender a distinguir os elementos estruturais dos que non o son. Nalgún caso o alumno ten que achegarse a pequenos números que lle permitan cuantificar unhas dimensións aproximadas dos elementos. .

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

    T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

    T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

    X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.

    E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o dos materiais utilizados no deseño de interiores.

    E.I.8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado mais usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.

    E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

    E.I.15 Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • 1.- Características e propiedades xerais dos materiais.
    • 2.- Materiais pétreos naturais
    • 3.- Materiais cerámicos.
    • 4.- Madeira e transformados.
    • 5.- O Vidro.
    • 6.- Os metais..
    • 7.- Materiais pétreos artificiais.Os morteiros de cemento, cal e xeso. O Formigón.
    • 8.- Materiais illantes..
    • 9.- Pinturas, vernices e esmaltes.
    • 10.- Os materiais sintéticos.
    • 11.- As fibras textis.
    • 12.- Outros materiais
    • 13.- Incompatibilidade nos materiais.
    • 14.- Resistencia de Materiais. Sólidos.
    • 15.- Esforzos e deformacións en xeral. Leis fundamentais
    • 16.- Teoría da Flexión
    • 17.- Acciones na edificación
    • 18.- Vigas y soportes.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    materiais-interiores

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.