Instalacións II

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 3º
    • Créditos ECTS: 8
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 3
    • Horas de traballo non presencial: 84
    • Horas de titoría: 8

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Deseño de instalación domóticas e instalación de telecomunicacións. Sistemas de aforro enerxético. Control de calidade, execución e mantemento
    • Deseño de instalación de calefacción e climatización. Enerxías alternativas: aerotermia, xeotermia, fototermia, eólica
    • Luminotecnia
    • Acondicionamento acústico
    • Sistemas de aforro enerxético. Control de calidade, execución e mantemento
    • Normativa aplicable. Métodos de investigación e experimentación propios da materia

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Para superar a disciplina hai que ter cursado con aproveitamento a de Instalacións I de 2º curso.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • A disciplina prepara ao alumno a resolver a iluminación de espacios interiores (coa iluminación creanse atmósferas, e adecúase o espacio interior para as diversas actividades dende un punto de vista normativo como dende a fase proxectual. Co acondicionamento acústico o alumno preparase para conseguir un confort dos espazos dende o punto da lexibilidade da palabra, e a diminución de tempos de reverberación. A calidade do aire e outra condición indispensabel para o uso e disfrute dos espazos interiores. O acondicionamento térmico engloba os apartados de calefacción e climatización. Tendo en conta que en todos os apartados o uso de enerxía é obrigado abonda para ter en conta a idea de aforro enerxético.
    • O control de todas as instalacións anteriores faise dende a domótica.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

    T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada

    T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación e na xeración de proxectos, ideas e solucións viabeis

    T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional

    T.16. Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e medioambiental

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial

    X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles

    X.18. Optimizar a utilización dos recursoso necesarios para alcanzar os obxectivos previstos

    X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación

    X. 21. Dominar a metodoloxía de investigación

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.

    E.I.2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo das producións.

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o dos materiais utilizados no deseño de interiores.

    E.I.8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado mais usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.

    E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

    E.I.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a  seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • O ambiente e a súa percepción
    • Conceptos básicos na luminotecnia
    • Os criterios e a normativa no deseño de interiores
    • A selección e os cálculos básicos nos espazos interiores
    • Conceptos básicos no acondicionamento acústico
    • Acondicionamento acústico, normativa e cálculos básicos aos espazos interiores
    • A calidade do aire. A Ventilación
    • Conceptos fundamentais no acondicionamento térmico dos espazos interiores
    • As instalacións de calefacción. Predimensionado
    • Conceptos fundamentais da climatización
    • As instalacións de climatización. Predimensionado
    • As telecomunicacións. Conceptos básicos e sistemas
    • A domótica. Conceptos básicos, sistemas e deseño de ambientes.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    instalacions-II

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.