Dirección de Obras de Interiores

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Facultar ao futuro profesional para abordar a supervisión e a xestión da obra do interiorismo.
    • Contribuir a adquisición de recursos para responder constructiva e operativamente aos distintos supostos de actuación nunha obra de interiorismo.
    • Entender e aplicar a documentación relativa  a dirección e control de obra.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • O dominio desta disciplina amplia notablemente a comprensión da complexidade dunha obra de interiorismo. 
    • Contribúe a entender a cronoloxía da totalidade das partes dunha obra, a supervisión e xestión económicas, a supervisión e control do executado, a xestión de oficios, e a xestión da seguridade dos residuos.
    • Contribúe a entender, en supostos prácticos, a interrelación a interrelacción dos distintos axentes que actúan na dirección facultativa dunha obra, e a interpretar a documentación relacionada coa obra: Prego de condicións, certificacións, actas, plan de control de obra, plan de residuos, seguridade e saúde.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1 Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2 Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3 Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.16 Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e medioambiental.

    4.2. Competencias xerais

    X.7 Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

    X.15 Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesioanais, segundo as secuencia e e graos de compatibilidade.

    X.18 Optimizar a utilización dos recursoso necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores

    E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto

    E.I.8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado máis usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.

    E.I.13. Coñecer o marco económico e organizativo en que se desenvolve a actividade empresarial do interiorismo.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Cronoloxía e seguimento da realización dunha obra de interiorismo: fases e actuacións.
    • A dirección e control de obra.
    • A xestión das obras.
    • Documentos do proxecto relacionados coa dirección de obra.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    4% das horas adicadas a titoría, 48% horas presenciais, e o restante 48% non presenciais

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.