Deseño do moble

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de clase semanais: 4
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Aportar deseños de moblaxe, creativos e innovadores, para a súa integración nun proxecto de deseño de interiores.
    • Aplicar os coñecementos de ergonomía e tecnoloxía na elaboración dun proxecto de moble.
    • Desenvolver correctamente as diferentes fases dun proxecto de moble.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Aplicar a metodoloxía proxectual á materialización de ideas mediante a realización de exercicios de deseño de mobles, entendendo os mesmos como elementos fundamentais na configuración espacial e, polo tanto, como parte integrante dun proxecto de deseño de interiores.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concebir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver espectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I.15. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Análise de elementos da moblaxe
    • Proxecto e investigación do moble. Técnicas de representación
    • Ergonomía aplicable ó deseño de moble
    • Aplicación de estratexias e criterios de decisión, innovación e sustentabilidade
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    4% das horas adicadas a titoría, 48% horas presenciais, e o restante 48% non presenciais

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.

http://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/04_GD_DMOB_2017-18_castelan.pdf

 

http://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/04_GD_DMOB_2017-18_galego.pdf