Deseño de interior e comunicación

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-Práctica (T.P.)
    • Curso: 3º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Interpretar as claves da comunicación e a imaxe de marca, e a súa incidencia no deseño de interior.
    • Deseño corporatico. Imaxe de marca. Arquitectura, comunicación, identidade. Arquitectura de franquicia. Información e comunicación do producto. Comunicación interna. Sinalética. Proxectos específicos.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Conectar a práctica do deseño de interiores con estratexias de comunicación coa finalidade de aportar claves visuais que faciliten os usuarios dun espazo interpretalo segundo os obxectivos que motivaron a intervención do deseñador.
    • Afondar no dominio dos recursos formais da expresión e a comunicación visual aplicados a diferentes proxectos de deseño de interiores: espazos comerciais ou de servicio público de diferente escala nos que a intervención do deseñador de interiores contribúe a comunicar a identidade institucional, promocionar valores ou actitudes entre os usuarios, informar sobre funcións ou usos do espazo, así como tamén organizar a circulación e o tránsito de colectivos heteroxéneos de persoas.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    • Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
    • Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
    • Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
    • Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
    • Realizar autocrítica cara o propio desempeño profesional e interpersoal.
    • Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
    • Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
    • Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
    • Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    • Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
    • Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
    • Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
    • Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
    • Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
    • Dominar a metodoloxía de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    • Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
    • Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
    • Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de interiores.
    • Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
    • Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
    • Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

  • Organización

    5.1. Contidos

      • INTRODUCCIÓN Á COMUNICACIÓN
        • A comunicación nos procesos de deseño. Semiótica e deseño de interiores
      • COMUNICACIÓN NO PUNTO DE VENTA
        • Visual Merchandising. Disposición do mobiliario.Zoas de circulación.
        • O rótulo comercial. Introdución a técnicas de deseño de escaparates
      • A IMAXE DE MARCA
        • Conceptos de imaxe e identidade. Naming, Branding, Marketing, Publicidade…
        • A comunicación corporativa. Metodoloxía no deseño dun programa de identidade corporativa
      • SINALÉTICA
        • Sinalización e Sinalética. Pictografía, tipografía, cor
        • Aspectos físicos e ergonómicos. Integración da gráfica no contorno

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    4% das horas adicadas a titoría, 48% horas presenciais, e o restante 48% non presenciais

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.

http://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/03_GD_DICO_2015_16_GAL.pdf

http://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/03_GD_DICO_2015_16_CAS.pdf