Construción II

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 12
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 4
  • Horas de traballo non presencial: 144
  • Horas de titoría: 12

Descritores

Confort ambiental: térmico, acústico, lumínico e calidade do ar
O detalle construtivo como problema xeométrico, fisico, químico e mecánico
Patoloxía na construción. Sistemas de reparación e rehabilitación
Sistemas de seguridade en construción
Criterios de calidade, execución e mantemento
Sustentabilidade na construción
Innovación. Métodos de investigación propios da materia

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina ten contidos progresivos coas de Materias e Construción I de 2º curso.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Proporcionar coñecementos teoricos prácticos para deseñar e interpretar solucións construtivas relacionadas co deseño de interior.

Asimilar os conceptos básicos de natureza física e ambiental para adoptar as solucións de deseño e constructivas que proporcionan as debidas condicións de confort ambiental nos espazos.

Coñecer as solucións constructivas máis frecuentes, a súas patoloxías e reparacións, nomeadamente no deseño de interior.

Tomar conciencia dos factores que influen de xeito determinante na eleción axeitada, facendo especial enfase na sustentabilidade, o clima, a economia, a seguridade, o mantemento e a normativa.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación e na xeración de proxectos, ideas e solucións viabeis

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional

T.16. Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e medioambiental

Competencias xerais

X.1 Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos

X.8 Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais

X.10 Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial

X.15 Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade

X.16 Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles

X.18 Optimizar a utilización dos recursoso necesarios para alcanzar os obxectivos previstos

X.19 Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación

X. 22 Analizar, avaliar, e verificar a viabilidade productiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas

Competencias específicas da titulación

E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e utilización idónea dos espacios de interiores

E.I.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores

Contidos

  • O detalle construtivo: condicionantes
  • Sustentabilidade, ciclo de vida, arquitectura pasiva
  • Confort ambiental
  • Confort térmico e aforro enerxético: transferencia de calor, control solar. Normativa
  • Estanquidade. Normativa
  • Illamento de ruido: sistemas e normativa
  • Incompatibilidades na construción
  • Patoloxía en construción: O proceso patolóxico. Patoloxías comúns nos distintos elementos construtivos e a súa reparación
  • O tendido das instalacións no deseño de interior
  • Seguridade na construción: Apeos e reforzos

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.