Ciencia aplicada ao deseño

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: T. (Teórica)
    • Curso: 1º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Coñecementos de matemáticas, física e química aplicada ao deseño..
    • O método científico: métodos para a análise e a simulación.
    • Ecoeficiencia e sustentabilidade.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Coñecer os fundamentos matemáticos para a análise e a interpretación xeométrica, tecnolóxica e artística.
    • Coñecer os fundamentos físicos e químicos básicos e a súa articulación en leis e teorías.
    • Interpretar a metodoloxía de análise e simulación estatísticas.
    • AEntender a relación entre ciencia, tecnoloxía e sustentabilidade.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente .

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

    4.2. Competencias xerais

    X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

    X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais .

    X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

    X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

    X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos
    proxectos

    E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Matemática aplicada ao deseño:
      Trigonometría. Xeometría. Sistema de ecuacións
    • Física aplicada ao deseño:
      Enerxía, luz, cor, son, óptica, estática.
    • Química aplicada ao deseño:
      Reaccións básicas. Propiedades químicas e incompatibilidade de produtos e materiais.
    • Estadística aplicada ao deseño.
    • Ecoeficiencia e sustentabilidade.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    ciencias-aplicadas-ao-deseno-interiores

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.