Arquitectura efémera

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 3º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Cuadrimestral
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Singularidade da arquitectura efémera, a imaxe e a comunicación no deseño.
    • Deseño de espazos efémeros.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Comprender a arquitectura efémera como unha aplicación espcífica do deseño de interiores en diferentes ámbitos: produción de stands, escenografías, montaxes de exposicións, escaparatismo, instalacións artísticas, espectáculos ou outras montaxes de duración limitada.
    • Fortalecer o campo de acción coas tendencias actuais para incorporar, estender e renovar a actividade laboral desta especialidade.
    • Estudar tanto os problemas teóricos e creativos como os derivados da xestión, produción e montaxe dos ámbitos citados.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concebir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.11. Comunicar ideas e proxectos aos clientes, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

    E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

    EG15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Arquitectura efémera: Características, campos de actuación.
    • O Proxecto de arquitectura efémera: Articulación do espazo, montaxe e desmontaxe, materiais e sistemas construtivos utilizados neste tipo de de proxectos
    • O entorno: Concepto de deseño ambiental, interacción volume –persoa, condicionamentos
    • Aplicacións: Ocio e descanso. Informar e vender: escaparatismo. Stands: proxectación e resolución construtiva

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    4% das horas adicadas a titoría, 48% horas presenciais, e o restante 48% non presenciais

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.