A EASD Pablo Picasso da Coruña organiza un curso de Gravado Artístico impartido polo profesor Javier López Vila. Esta actividade, cunha duración total de 60 horas, comezará o 6 de marzo e rematará o 29 de maio; as clases serán os martes e xoves, en horario de 18 a 21 horas.

O número de asistentes será de 10 persoas. O curso ofrécese a calquera persoa que non estea matriculada na Escola, que non sexa persoal na EASD Pablo Picasso e que teña máis de 18 anos de idade. O curso é gratuíto, o centro aportará o material básico e imprescindible, agás o papel de estampación final e as ferramentas persoais.

Para poder asistir a esta actividade, é precisa a inscrición en tempo e forma. Unha vez rematado o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento.

Terán prioridade na adxudición de prazas os aspirantes coa titulación de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño Ilustración. A estes efectos os aspirantes terán que aportar certificación do seu título coa cualificación final do ciclo.

Programación do curso

– Linografía
– Gravado electrolítico

Inscrición á proba de selección

Do 19 ao 22 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. Deberase presentar o formulario adxunto, debidamente cumprimentado, unha copia do DNI e a certificación de ser o caso.

Proba de selección

No caso de non cubrir todas as prazas con aspirantes coa titulación prioritaria realizarase unha proba de selección para adxudicar as vacantes.Terá lugar o martes, 27 de febreiro en horario de 18 a 20 horas. Para a realización desta proba, será preciso traer material de debuxo artístico (lapis negro ou grafito).

Matrícula

Días 1 e 2 de marzo na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas.

[Descargar o formulario de inscripción en formato .pdf ]

Curso

Martes e xoves, entre o 6 de marzo e o 29 de maio, en horario de 18 a 21 horas.