Presentación de propostas concurso “Unidade de Tráfico” da Policía Local A Coruña

O prazo para presentar traballos para o Concurso “Unidade de Tráfico. Policía Local A Coruña” está aberto ata o 26 de xuño.

En colaboración coa Policía Local de A Coruña, pomos en marcha o Concurso para a realización da nova imaxe gráfica da súa Unidade de Tráfico, destinado ao alumnado da EASD Pablo Picasso.

Haberá unha sesión informativa sobre o briefing e o desenvolvemento do proxecto o venres, 14 de xuño ás 12h na aula 7.

Pódense presentar propostas ata o 26 de xuño. Botádelle un ollo ás bases e animádevos a participar.

Bases de participación Concurso “Unidade de Tráfico. Policía Local A Coruña”.