O mércores 13 de novembro, ás 12h, Manuda Devdeep,  xornalista, redactor e corresponsal en Londres de ” THE TELEGRAPH” de Calcuta (Bengala) visitará a nosa Escola para impartir unha charla sobre os desafíos aos que se enfrontan os medios e a cultura na India.

A traducción estará a cargo de Prasum Chaterjee.

Mércores 13 de novembro de 2019 ás 12h. no Salón de Actos da EASD. Actividade aberta a todo o público.