Calidade

POLÍTICA DE CALIDADE DA EASD PABLO PICASSO

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso de A Coruña, adquiriu un compromiso coa calidade e mellora continua de todos os seus procesos e satisfacción permanente das necesidades, demandas e expectativas da súa comunidade educativa. Encóntrase inmersa nun proceso de seguimento e garantía das ensinzas artísticas superiores segundo o Convenio asinado o 19 de novembro de 2014 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

    Ademáis, o desenvolvemento das políticas de calidade estanse a establecer ao abeiro do disposto en:

  • Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores (art. 19).
  • Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de Galicia (art. 26).
  • Real decreto 21/2015, do 23 de xaneiro, polo que se modifica o Real decreto 1614/2009 (art. único, nove).
  • Orde do 21 de novembro de 2016 , pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño (art. 28).
  • Guía para o seguimento das titulacións superiores de ensinanzas artísticas superiores (editada pola ACSUG, xuño 2015).

O Sistema de Xestión de Calidade (SXC) recolle e desenvolve as diferentes actuacións en materia de mellora das actividades docentes, investigadoras e de xestión da EASD Pablo Picasso. O Sistema tamén atende aos procesos de avaliación para a verificación e acreditación das súas titulacións segundo o disposto na lexislación vixente.

  • MISIÓN

    • Establecer unha oferta de formación artística e técnica superior e unha formación profesional, artística e técnica, flexible, articulada e de calidade, adaptada ás dinámicas culturais da poboación e ás necesidades técnicas xeradas polo mundo produtivo, proporcionando servizos para a cualificación e a recualificación das persoas ao longo da vida.
    • Prestar servizos de información e de orientación profesional ás persoas para tomar as decisións máis axeitadas respecto do desenvolvemento da súa actividade profesional.
    • Establecer un espazo de colaboración entre o sistema de formación artístico -profesional e artístico- superior e os ámbitos produtivo, sectorial, local e cultural para desenvolver e estender unha cultura da formación permanente,
    • Fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, con especial incidencia na erradicación de prexuízos.
    • Facilitar o acceso da mocidade ao primeiro emprego, así como a conservación e mellora do posto de traballo dos traballadores e das traballadoras, mediante unha oferta formativa de calidade, que promova a aprendizaxe permanente e a capacidade de adaptación aos cambios sociais, culturais, organizativos e tecnolóxicos.
    • Impulsar e mellorar as aptitudes, as actitudes e as competencias artísticas e profesionais do alumnado, promovendo proxectos de iniciativa emprendedora, mobilidade, perfeccionamento profesional e cooperación, nun contexto internacional.

  • VISIÓN

    Como Escolas de Arte e Superiores de Deseño, proporcionaremos unha formación integral ao noso alumnado que lle facilite a participación activa e responsable como cidadáns, polo que ofreceremos unha oferta formativa completa e de calidade que conduza á obtención de títulos de formación artística- profesional e formación artística- superior, atendendo as necesidades que demande o mercado laboral e consolidando vínculos con todas as empresas, estudos, talleres e institucións do contorno produtivo, social e cultural.

  • VALORES

    • Fomentar valores de convivencia, cooperación e respecto.
    • Ofrecer uns servizos educativos e formativos de calidade.
    • Procurar a satisfacción da comunidade buscando atender as súas necesidades, identificando ás súas expectativas e observando o cumprimento da misión, a visión e os valores da institución.
    • Mellorar continuamente a calidade dos servizos prestados, a través da innovación e o traballo en equipo, para crear valor aos nosos usuarios mediante un sistema de calidade total, co compromiso de cumprir cos requisitos do sistema e de mellorar continuamente a súa eficacia e eficiencia.
    • Ofrecer as cualificacións profesionais requiridas para dar resposta ás necesidades e demandas do noso ámbito socioeconómico.
    • Optimizar os recursos públicos dispoñibles, fundamentados nas tecnoloxías da información e da comunicación, para reproducir procesos sustentables, cun profesorado formado tanto na didáctica coma nas innovacións tecnolóxicas.
    • Fomentar o espírito emprendedor e o desenvolvemento de actividades empresariais, de autoemprego e de innovación.
    • Contribuír ao logro das actuacións e os obxectivos de calidade establecidos no Plan estratéxico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
    • Desenvolver vínculos co sistema produtivo, cos axentes culturais, académicos e artísticos do contorno (sectorial, comarcal ou local) nos ámbitos seguintes: Formación do persoal docente das Escolas de Arte e Superiores de Deseño , formación do alumnado en centros de traballo e realización doutras prácticas profesionais, participación de profesionais do sistema produtivo, artístico e cultural na impartición de docencia e colaboración na detección de necesidades de formación permanente dos traballadores e das traballadoras, así como na información e orientación das persoas usuarias, tanto a título individual como colectivamente.


Departamento de calidade e promoción das ensinanzas:
Antía Salgado Mesa
Teléfono: 981 22 53 96
escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es


Os modelos documentais adaptados ao SXC da EASD Pablo Picasso pódense descargar dende: www.edu.xunta.es/calidade