CALENDARIO TRABALLO FIN DE ESTUDOS (TFE)

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO. CURSO 2018-19

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Calendario para a convocatoria extraordinaria (outubro-febreiro) do TFE das ensinanzas superiores de deseño do curso 2018-19:

Data da Xuntanza do alumnado co departamento para a entrega de normas

Martes 9 de outubro ás 17:00, na aula 1 para a especialidade de Deseño Gráfico e ás 17:00 na aula 3 para a especialidade de Deseño de Interiores . Entregarase a documentación que se reflicte de seguido:

– Prazos, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas.

– Información sobre titorías e horario semanal de atención. Solicitude de preferencia de titores.

– Calendario de realización, prazo e forma de entrega; calendario e horario de defensa do TFE.

Data de presentación de propostas ante o departamento e de asignación definitiva de titores

Martes 16 de outubro ás 17:00 na aula 1 para a especialidade de Deseño Gráfico e ás 17:00 horas na aula 3 para a especialidade de Deseño de Interiores. O departamento, vistas as propostas do alumnado, proporá a xefatura de estudos a asignación de titores, e determinará a idoneidade dos proxectos presentados en función dos requisitos esixibles.

Data de entrega do TFE

Venres 1 de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas na oficina da EASD.

Data da defensa do TFE

Venres 15 de febreiro ás 09,00 no Salón de Actos para a especialidade de Deseño Gráfico. Luns 18 de febreiro ás 09,00 no Salón de Actos para a especialidade de Deseño de Interiores. A defensa realizarase por orde alfabética a partires da letra J incluída.

Publicación cualificacións

As cualificacións publicaranse antes do venres 22 de febreiro.

Renuncia de convocatoria

As solicitudes de anulación de convocatoria presentaranse perante o director do centro ata o último día hábil anterior á data de entrega.