Data da Xuntanza do alumnado co departamento para a entrega de normas
Venres 3 de febreiro ás 12:00 h para a especialidade de Deseño gráfico e ás 10:00 h para a especialidade de Deseño de interiores. Entregarase a documentación que se reflicte de seguido: Prazos, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas. Información sobre titoría e horario semanal de atención. Solicitude de preferencia de titores. Calendario de realización, prazo e forma de entrega do TFE, calendario e horario de defensa dos mesmos.
CONVOCATORIA ORDINARIA
- Data de presentación de propostas ante o departamento e de asignación definitiva de titores
Venres 17 de febreiro ás 10:00 h para a especialidade de Deseño Gráfico e ás 10:00 horas para a especialidade de Deseño de Interiores. O departamento, vistas as propostas do alumnado, proporá a xefatura de estudos a asignación de titores, e determinará a idoneidade dos proxectos presentados en función dos requisitos exixibles.
- Data de entrega do Traballo Fin de Estudos (TFE)
Luns 29 de maio de 10:00 a 14:00 horas na oficina da EASD.
- Data de defensa do TFE
Luns 5 de xuño ás 9:00 h no Salón de Actos para a especialidade de Deseño Gráfico. O martes 6 de xuño ás 9:00 h no Salón de Actos para a especialidade de Deseño de Interiores. A defensa realizarase por orde alfabética a partires da letra Z incluída.
- Publicación cualificacións
As cualificacións publicaranse o venres 9 de xuño.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
- Data de entrega do TFE
Luns 26 de xuño de 10:00 a 14:00 horas na oficina da EASD
- Data da defensa do TFE
Luns 3 de xullo ás 9:00 h no Salón de actos para a especialidade de Deseño gráfico e o martes 4 de xullo ás 9:00 h no Salón de actos para a especialidade de Deseño de interiores. A defensa realizarase por orde alfabética a partires da letra Z incluída.
- Publicación cualificacións
As cualificacións publicaranse o venres 7 de xullo.
Renuncia de convocatoria
As solicitudes de anulación de convocatoria presentaranse perante o director do centro ata o día lectivo anterior a data de entrega de cada convocatoria.